Comunicado de prensa de la Policía Local de Lugo

Mércores, 08 de novembro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Detención por violencia no ámbito familiar

O pasado 5 de novembro unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que se traslade a un edificio de rúa Magnolia, xa que ao parecer había unha discusión entre unha parella. Os axentes preséntanse de inmediato entrevistándose coa muller, que tiña sangue na boca e unha ferida na man, manifestando que discutira coa súa parella, xa que chegara tarde a casa e en “malas condicións”.

Os axentes entrevístanse co home, que lles manifesta que chegaron a agredirse mutuamente, dándolle ela varias puñadas no peito, procedendo á detención desta persoa por un presunto delito de violencia de xénero. No momento da detención, crúzanse novamente ambos, comezando a discutir, tendo os policías que separalos debido á súa actitude violenta, resultando con lesións leves tres policías, polo que se procede tamén á detención da muller como presunta autora dun delito de violencia doméstica e outro de atentado a axentes da autoridade, sendo trasladados a dependencias policiais onde se instrúen dilixencias para o Xulgado competente.

Noticias relacionadas