Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Xoves, 08 de setembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Alcoholemia positiva

Durante a noite do mércores ao xoves, os axentes da Unidade de Atestados foron requiridos na rúa Camiño da Roca con motivo de accidente de circulación. Unha vez no lugar, comprobaron que un dos condutores implicados presentaba claros signos externos de atoparse baixo a influencia de bebidas alcohólicas, polo que foi sometido ás probas de detección do grao de impregnación alcohólica regulamentarias, nas que lanzou un resultado positivo de 0.72 e 0.70 miligramos de alcol por litro de aire expirado, polo cal, con independencia do atestado por accidente de circulación, instrúense dilixencias por un presunto delito contra a seguridade viaria.

Venda ambulante non autorizada

Durante a mañá do mércores 7, os axentes da Unidade Territorial de Policía de Barrrio, no curso dunha das patrullas preventivas realizadas polo centro da cidade, observaron a presenza de dúas persoas que realizaban venda ambulante na rúa Quiroga Ballesteros, ocupando parte da vía pública e das portas de entrada á Praza e reixas das xanelas, deteriorando a imaxe que ha de ofrecer un mercado público profesional. Unha vez comprobado que ditas persoas carecían de autorización para o exercicio da venda ambulante, os axentes confeccionaron senllas actas - denuncia por unha infracción á Ordenanza Reguladora de Espazos Públicos Dedicados á Venda Ambulante, procedendo a deixar o lugar despexado.

Noticias relacionadas