Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Martes, 08 de marzo de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Accidente de circulación e delito contra a seguridade viaria

Ás 17:10 horas do día 7 de marzo un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo trasládase á rúa Eduardo Pondal xa que se produciu un accidente de circulación. Os axentes comproban que un vehículo en circulación choca contra outro estacionado ocasionando danos materiais, observando que o condutor presenta signos de acharse baixo os efectos de bebidas alcohólicas, sendo sometido ás probas de alcoholemia e lanzando un resultado POSITIVO de 0,69 mg/l, motivo polo cal se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

Filtros de seguridade viaria e controis de alcoholemia

Efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo estableceron no día de onte, 7 de marzo, diversos filtros de seguridade viaria en vías do centro urbano detectando un condutor que presentaba signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,45 mg/l., abríndose expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución.

No transcurso destes filtros se observaron e denunciaron as seguintes condutas infractoras:

  • Detectáronse tres vehículos cuxos titulares non os presentaran á Inspección Técnica Periódica no prazo debido, abríndose a cada un deles expediente sancionador con multa de 200 euros.
  • Abríronse expedientes sancionadores a dous condutores por circular sen a iluminación correspondente.
  • Sorprendeuse a dous condutores utilizando manualmente o teléfono móbil o que supón unha multa de 200 euros e a retirada de 3 puntos do permiso de condución.

A Policía Local de Lugo lembra que a partir do 21 de marzo deste ano entra en vigor a modificación da Lei de Seguridade viaria e entre outros aspectos establece que “utilizar, suxeitando coa man, dispositivos de telefonía móbil mentres se conduce” dá lugar á perda de 6 puntos do permiso de conducir. Así mesmo non facer uso o condutor do cinto de seguridade pasa de 3 puntos a 4 puntos.

Noticias relacionadas