Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Xoves, 07 de decembro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Accidente de circulación con positivo en alcoholemia e drogas

Na mañá do día 5 de decembro, un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo acode á rúa Montirón onde se produciu un accidente de circulación, comprobando que na confluencia coa rúa das Artes, dous vehículos chocaran, observando que a condutora dun dos vehículos presentaba signos de embriaguez, polo que é sometida ás probas de detección alcohólica, arroxando un resultado POSITIVO de 0,41 mg/l., sendo sometida tamén a un test de drogas, arroxando un resultado POSITIVO en COCAÍNA, instruíndose as oportunas dilixencias.

Atropelo e positivo en drogas

Na tarde do día 5 de decembro un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo desprázase á Avenida da Coruña xa que se produciu un accidente de circulación, comprobando que un turismo atropelara a un peón, sometendo á condutora a unha proba de alcoholemia, arroxando resultado negativo e tamén a un test de drogas, arroxando un resultado POSITIVO en COCAÍNA, instruíndose as oportunas dilixencias.

Accidente de circulación e delito contra a seguridade viaria

Na tarde do día 6 de decembro un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo desprázase á Avenida da Coruña xa que se produciu un accidente de circulación, comprobando os axentes que o condutor dunha motocicleta perdera o control, caéndose ao chan, sendo auxiliado e requirindo a presenza dunha ambulancia para o seu traslado a un centro médico, observando que presentaba signos de acharse baixo a influencia de bebidas alcohólicas, sendo sometido ás probas regulamentarias e arroxando un resultado POSITIVO de 0,73 mg/l, polo que se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

Auxilio á cidadanía

Na tarde do día 5 de decembro unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo acode a un establecemento da Avenida de Madrid, xa que ao parecer había unha persoa que está a causar molestias aos clientes.

Os axentes proceden á identificación desta persoa, un home de 56 anos, observando que presenta signos de estar baixo os efectos de sustancias psicotrópicas, sendo auxiliado e requirindo a presenza dunha ambulancia que o trasladou ao HULA, sendo acompañado, no interior da ambulancia, por un dos policías para garantir a seguridade desta persoa e da dotación sanitaria.

Noticias relacionadas