Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Martes, 07 de novembro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Detención violencia no ámbito familiar

Na tarde do día 6 de outubro, patrullas da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo son comisionadas pola Sala do 092 para que acudan a un edificio da Avenida da Coruña, xa que ao parecer unha muller estaba a ser ameazada e agredida polo seu fillo.

Os axentes preséntanse de inmediato observando que a porta do inmoble está aberta, accedendo ao interior e escoitando os xemidos dunha muller que presenta lesións e sangue na boca e nun brazo, manifestando que o seu fillo se puxo moi agresivo, chegando a introducirlle na boca unha pistola, ausentándose acto seguido da vivenda.

Os axentes achan a arma, unha pistola simulada de bólas de plástico, procedendo á súa intervención, sendo auxiliada a vítima, requirindo a presenza dunha ambulancia que a trasladou ao HULA, iniciándose entón a procura do agresor, sendo localizado nas inmediacións do domicilio dunha familiar, procedendo á súa detención, tratándose dun mozo de 27 anos de idade, sendo trasladado a dependencias policiais onde se instrúen as dilixencias para o Xulgado competente.

Noticias relacionadas