
Inspección de establecementos
Durante a pasada fin de semana, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo intensificaron as inspeccións en establecementos de lecer nocturno da cidade, detectando as seguintes incidencias:
- Nun local da rúa Mariña Española levántanse varias actas de denuncia por diversas infraccións á normativa de espectáculos públicos:
- Funcionamento inadecuado do fonógrafo, comprobando que o dispositivo non realiza unha interrupción da emisión da música que se atopa a altos niveis de volume durante un longo período de tempo, chegando a rexistrar 107 db.
- Carencia de información relativa ao horario de apertura e peche.
- Carencia de información relativa ao aforo máximo do local.
- Carencia de copia de licenza municipal.
- Instalación de cámara de videovixilancia sen estar dotado do preceptivo cartel informativo.
- Nun establecemento da rúa Concepción Arenal levántase acta de denuncia ao detectar que, a pesar de ser un café bar e ter prohibida a instalación de equipo de reprodución musical, reproducía música cun computador conectado a un altofalante, percibíndose o son da música desde o exterior do local.
- Así mesmo, no transcurso da inspección deste local levantouse acta de denuncia por infracción á Lei de Seguridade Cidadá xa que ao tratar de identificar a unha persoa relacionada co establecemento, esta negouse a identificarse.
Delito contra a seguridade viaria
Nun filtro de seguridade viaria levado a cabo na tarde de onte 6 de marzo por efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, detectouse a circulación dun vehículo que ao identificar o seu condutor comprobouse a través das bases de datos policiais que CARECÍA DE PERMISO por non obtelo NUNCA, tratándose dun home de 39 anos de idade, sendo trasladado á Unidade de Atestados do Corpo onde se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.
No transcurso deste filtro de seguridade detectáronse as seguintes infraccións graves:
- Un vehículo que circulaba carecendo de SOA.
- Dous vehículos cuxos titulares non os presentaban en prazo á ITV
- Un permiso de condución que perdera a súa vixencia.
- Un condutor que non facía uso do cinto de seguridade
Axuda humanitaria
Sobre as 3:30 horas do día 7 de marzo unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que acuda a un edificio da rúa Serra de Ancares xa que unha persoa de avanzada idade caera no interior da súa vivenda e non era capaz de levantarse.
Os axentes observan que se trata dunha muller de 94 anos que sufriu unha caída, sendo auxiliada polos policías que a incorporan, manifestando que se atopa ben, rexeitando asistencia médica, quedando ao coidado dunha familiar.