Filtros de seguridade viaria
Na madrugada de onte, por efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo intensificáronse os controis de alcoholemia e drogas en vías do centro urbano, co emprego de vehículos policiais rotulados e camuflados, co seguinte balance:
DELITO CONTRA A SEGURIDADE VIARIA
En Camiño Real dáse o alto a un vehículo, comprobando a través das bases de datos policiais que o seu condutor carece de permiso de condución por condena Xudicial, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.
ALCOHOLEMIAS ADMINISTRATIVAS
En praza da Milagrosa detectáronse DOUS CONDUTORES que lanzaron un resultado POSITIVO de 0,36 e 0,29 mg/l., respectivamente.
En Camiño Real dáse o alto a un vehículo, sometendo o condutor ás probas de alcoholemia, lanzando un resultado POSITIVO de 0,31 mg/l.
Na Avenida da Coruña detéctase a condución irregular dun vehículo, sendo sometido o condutor ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,33 mg/l.
Todos estes condutores foron sancionados con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución, inmobilizando os vehículos.
DROGAS
En Camiño Real dáse o alto a un vehículo, observando que o seu condutor presenta signos de consumir substancias estupefacientes, sendo sometido a un test de drogas, lanzando un resultado POSITIVO en THC, abríndose expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución, inmobilizando o vehículo.
CONDUCIÓN TEMERARIA
Un condutor foi sorprendido na mañá de onte, no Polígono de As Gándaras, circulando cunha persoa sentada no capó do vehículo, sendo identificado e denunciado por condución temeraria, sendo sancionado con multa de 500 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución.
OUTRAS INFRACCIÓNS GRAVES
6 titulares de vehículos denunciados por non presentalos en prazo a ITV.
1 titular de vehículo por conducir CARECENDO de SOA.
1 condutor denunciado por non trocar o permiso de condución.
Axuda humanitaria
Na mañá de onte unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que acuda á Avenida da Coruña xa que ao parecer unha persoa de avanzada idade deambula desorientada. Os axentes localizan a unha muller, que manifesta que non sabe como regresar á súa casa, despois de efectuar unhas compras, pescudando a patrulla onde vive, sendo trasladada ao seu domicilio xa que non necesita asistencia médica, confeccionando os policías o correspondente parte de intervención para a súa remisión aos servizos sociais.