Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Mércores, 05 de xullo de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Axuda humanitaria

Na tarde do día de onte, 4 de xullo/23, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que se traslade á rúa San Cibrao, á beira oposta ao HULA, xa que unha persoa maior atopábase desorientada.

Os axentes póñense ao fala cun cidadán, que manifesta que momentos antes observou como un home de avanzada idade, que se desprazaba coa axuda dun andador, ao presentar signos de acharse desorientado, sentouno no seu vehículo, á espera da chegada da patrulla policial, que se fai cargo desta persoa, a cal identifica e traslada ao seu domicilio, onde se fai cargo del un familiar que xa estaba preocupada pola súa tardanza, finalizando o servizo sen outra novidade.

Filtros de seguridade viaria

Na madrugada do día 5 de xullo, por parte de efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, co apoio dun equipo de Atestados do Corpo, establecéronse diferentes filtros de seguridade viaria en vías do centro urbano, detectando en cálea República Arxentina DOUS CONDUTORES que lanzaron resultado POSITIVO nas probas de alcoholemia realizadas (0,51 e 0,37 mg/l), respectivamente, abríndose expediente sancionador, ao primeiro con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución e ao segundo de 500 euros e a retirada de 4 puntos.

Na devandita vía, ademais, sorprendeuse a un condutor con signos de acharse baixo os efectos das drogas, sendo sometido ás probas regulamentarias no equipo “drogotest”, lanzando un resultado POSITIVO en COCAÍNA, abríndose expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución.

Todos estes vehículos foron inmobilizados.

Noticias relacionadas