Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Mércores, 05 de abril de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Filtros de seguridade viaria

Na madrugada do mércores 5 de abril, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo estableceron diversos filtros de seguridade viaria en vías do centro urbano, co emprego de vehículos policiais rotulados e camuflados, detectando na rúa Yañez Rebolo a circulación dun vehículo cuxo condutor CARECE de permiso de condución por perda total dos puntos asignados, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizándose o vehículo.

Así mesmo no devandito punto foi detectado un vehículo cuxo condutor presentaba signos de inxesta de alcol, sendo sometido ás probas de alcoholemia, lanzando un resultado POSITIVO de 0,32 mg/l., abríndose expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución, inmobilizando o vehículo.

Nos devanditos controis detectáronse as seguintes infraccións graves á normativa de seguridade viaria:

  • 7 vehículos cuxos titulares non os presentaban a ITV no prazo debido.
  • 1 vehículo con ITV desfavorable.
  • 1 vehículo que circulaba carecendo de Seguro Obrigatorio.

Venda ambulante non autorizada

Na mañá do día de onte, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, de servizo no Parque da Milagrosa, levantaron CINCO actas de denuncia por infracción á normativa de Seguridade Cidadá, por ocupación de espazo público para a realización de venda ambulante non autorizada, propoñéndose sanción de 600 euros a cada un dos infractores.

Noticias relacionadas