Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Venres, 04 de novembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Delito contra a seguridade viaria

Sobre as 21:10 horas do día 3 de novembro cando unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo realizaba labores de vixilancia na rúa Ramiro Rueda, observa como un vehículo circula en sentido contrario á dirección do tráfico, dándolle o alto, momento no que realiza unha manobra de circulación marcha atrás para evadir o control, sendo interceptado por outro vehículo policial, quedando atrapado entre ambas patrullas.

Ao tratar de identificar ao condutor, de 25 anos de idade, obsérvase que presenta signos de embriaguez, xa que desprendía un notorio cheiro a alcol, negándose a ser identificado, polo que é trasladado a dependencias policiais.

Na Unidade de Atestados do Corpo practícanselle as probas de alcoholemia, lanzando un resultado POSITIVO de 0,43 mg/l, mostrando unha actitude agresiva e insultante cara aos axentes, proferindo insultos e ameazas de maneira constante, comprobando que CARECE de permiso de condución xa que lle foi retirado por sentenza xudicial, presentando varios antecedentes por delitos contra a seguridade viaria, un en xaneiro de 2020 por conducir un vehículo CARECENDO DE PERMISO DE CONDUCIÓN e outros dous en xullo e decembro do ano 2021, por conducir con taxa de alcol e sen permiso de condución e por estar implicado nun accidente de circulación, lanzar un resultado positivo en alcol e conducir sen permiso de condución, atestados estes realizados por efectivos do Corpo da Policía Local de Lugo.

Por estes feitos instrúense dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido e ábrese expediente sancionador con multa de 500 euros por lanzar un resultado POSITIVO nas probas de alcoholemia, levantándose dúas actas denuncia por infracción á Lei de Seguridade Cidadá polas faltas de respecto e consideración aos axentes da autoridade e por negarse a identificarse.

Así mesmo comparece na Xefatura da Policía Local o que acredita ser o pai do condutor e titular do vehículo, ao cal se procede a instruírlle dilixencias como investigado por cooperador necesario nun delito contra a seguridade viaria, procedéndose á inmobilización do vehículo.

Noticias relacionadas