
Detención por violencia doméstica
Sobre as 22:35 horas do día 2 de outubro unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que acuda a un edificio da zona sur da cidade onde ao parecer había unha rifa familiar con agresión a unha menor.
Os axentes trasládanse de inmediato ao lugar e póñense á fala coa que se identifica como nai da menor, a cal manifesta que “é un problema familiar, que a súa filla de 14 anos quería saír á rúa e ao enfadarse “pegoulle co obxectivo de educala”.
Unha policía feminina accede ao interior da vivenda e atopa na súa habitación á menor chorando e moi nerviosa, manifestando que lle dicía á súa nai que “quería cear e ao non haber nada na casa tentou pedir comida a través dunha aplicación e como non funcionaba díxolle que ía saír a comprar algo, momento no que se iniciou unha discusión, golpeándoa co mango da vasoira nas costas.
A menor é trasladada ao HULA en compañía da axente feminina, manifestando que os episodios violentos son habituais e que xa había expedientes na Fiscalía de Menores.
Que dada a violencia dos feitos, así como a reiteración dos mesmos, procédese á detención da nai por un presunto delito de violencia doméstica, sendo trasladada a dependencias policiais onde se instrúen dilixencias para o Xulgado competente.