Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Xoves, 04 de agosto de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Auxilio a cidadán

Sobre as 4,15 horas do día 4 de agosto/22 unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que acuda a un edificio de rúa Trebol, xa que ao parecer unha persoa caeuse no interior da súa vivenda e era incapaz de incorporarse en por si, nin polas persoas que se atopaban con el.

Os axentes atopan a un home de avanzada idade tirado no baño e encaixado detrás da porta de entrada, motivo polo cal unicamente permitía a apertura da porta uns poucos centímetros, sendo o baño de reducidas dimensións.

Os policías con moita habilidade conseguen sentar a esta persoa no chan, logrando seguidamente incorporalo e trasladalo ata o dormitorio, rexeitando calquera tipo de asistencia médica ao atoparse ben e quedando ao coidado dos familiares que se achaban na vivenda.

Noticias relacionadas