Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Xoves, 04 de abril de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Accidente de circulación e delito contra a seguridade viaria

Na tarde do día de onte un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo desprázase á rúa Fermín Rivera, xa que se produciu un accidente de circulación no que estaban implicados dous vehículos, comprobando os axentes como o condutor dun deles abandonara o lugar, polo que se deu aviso ás patrullas de servizo, sendo localizado no interior do seu domicilio, observando que presentaba signos evidentes de acharse embriagado, sendo requirido para realizar unha proba de alcoholemia, lanzando un resultado POSITIVO de 0,85 mg/l (máis do triplo da taxa máxima permitida)., instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

Condutas incívicas

Na noite de onte, unha patrulla camuflada do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo sorprendeu a dúas traballadoras de establecementos situados en Camiño Real depositando residuos fóra dos contedores habilitados para iso, levantándose acta de denuncia por infracción á Lei de Residuos de Galicia, propoñéndose sancións de ata 900 euros.

Mediación entre dúas persoas en interior dunha vivenda

Na tarde de onte unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, desprázase a un edificio da zona norte da cidade xa que ao parecer no interior dunha vivenda había unha discusión entre dúas amigas. Os axentes proceden á identificación de ambas, manifestando unha delas que mantivera unha discusión coa súa amiga, chegando a forcexar, sen causarse lesións, producíndose danos no teléfono móbil e a súa amiga reclamáballe o pago dunha cantidade de diñeiro por uns electrodomésticos, manifestando que levase estes aparellos xa que non ten diñeiro, procedendo a recollelos e abandonando a vivenda, confeccionando os axentes o correspondente parte de intervención á espera da presentación das denuncias oportunas.

Auxilio a cidadáns

Na tarde de onte unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio  da Policía Local de Lugo observan na rúa Santiago a unha persoa tirada, con signos de embriaguez, polo que é auxiliado, requirindo a presenza dunha ambulancia para o seu traslado ao HULA.

Na madrugada do día 4 de abril unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo procede a auxiliar a unha persoa que se atopa tirado na rúa San Roque, queixándose dunha dor intensa nas súas pernas, procedendo a tapalo cunha manta térmica, manifestando que saíu a pasear e repentinamente sentiu unha forte dor causada  posiblemente por unha enfermidade que padece, manifestando tamén que deixara a porta da súa vivenda aberta, polo que os axentes proceden a pechala coas chaves que esta persoa porta, requirindo a presenza dunha ambulancia, sendo trasladado ao HULA para a súa atención médica.

Noticias relacionadas