Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Servizos destacados durante a fin de semana do 1 ao 3 de marzo/24.

Luns, 04 de marzo de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

DISPOSITIVO ESPECIAL ZONA CENTRO

Na noite do sábado ao domingo, estableceuse un dispositivo especial no centro histórico, no que participaron efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, co emprego de vehículos policiais rotulados e camuflados, co seguinte resultado:

Condutas incívicas

Co fin de combater condutas incívicas, sorprendeuse a DOCE mozos que ouriñaban na vía pública, sendo identificados e levantando acta de denuncia por infracción a Lei de Residuos de Galicia, propoñéndose sanción de ata 900 euros a cada dun deles. As idades destes mozos son entre 16 e 20 anos. As persoas denunciadas foron sorprendidas ouriñando nas seguintes vías:

  • 8 mozos en Praza de Pío XII
  •  2 Travesía do Miño
  • 1 en Praciña da Universidade
  • 1 en cálea Bispo Aguirre

Depósito de residuos en vía pública

Esa mesma noite, e formando parte do devandito dispositivo especial, os axentes denunciaron a CINCO persoas por depositar cartóns e bolsas de lixo na vía pública, sen levalos ao contedor de residuos selectivos. As rúas onde foron sorprendidas estas persoas foron: rúa Villalba e Bispo Aguirre.

Inspección establecementos públicos

Nas inspeccións levadas a cabo en locais de lecer nocturno, levantáronse CINCO actas de denuncia por infracción á normativa de Espectáculos Públicos a outros tantos pubs por exercer a actividade coas portas abertas, transmitindo niveis altos de ruído ao exterior.

Accidente de circulación e delito contra a seguridade viaria

A madrugada do día 1 un equipo de Atestados desprázase á rúa Lamas de Prado, xa que ao parecer produciuse un accidente de circulación, observando que dous turismos presentaban danos de consideración, informando unha testemuña que foran causado por un furgoneta que se deu á fuga.

Aos poucos momentos, preséntase o condutor da furgoneta, confesando ser o causante dos danos, presentando signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,88 e 0,82 mg/l., instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria. (foto)

Accidente de circulación con ferido

A tarde do día 2 un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo desprázase á Rolda de Fingoi, xa que se produciu un accidente de circulación, comprobando que un turismo saíuse da vía, chocando contra unha árbore.

O vehículo ía ocupado por dúas persoas, ademais do condutor, que resultaron con lesións, que aparentemente non revisten gravidade, sendo trasladadas a un centro médico por unha ambulancia do 061, sendo sometido o condutor ás probas regulamentarias, lanzando un resultado NEGATIVO en alcoholemia e drogas. (foto)

Seguridade viaria

Durante as noites do venres e sábado, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, co apoio de equipos de Atestados do Corpo, estableceron diferentes controis de alcoholemia e drogas en vías do centro urbano, co seguinte balance:

DELITO CONTRA A SEGURIDADE VIARIA

  • Na Avenida de Madrid obsérvase que un turismo non respecta a luz vermella dun semáforo e o seu condutor manexa o teléfono móbil coa súa man, sen decatarse da presenza dos axentes, dándolle o alto e comprobando que presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,82 mg/l., instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.
  • Na Avenida Rodríguez Mourelo dáse o alto a un vehículo, observando que o condutor presenta signos de acharse baixo a influencia de bebidas alcohólicas, sendo sometido ás probas de alcoholemia, lanzando un resultado POSITIVO de 0,80 mg/l., instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.
  • Na Rolda das Mercedes intercéptase un vehículo cuxo condutor presenta signos de embriaguez, sendo requirido para a realización das probas de alcoholemia, NEGÁNDOSE a iso, polo que se lle investiga como autor dun delito contra a seguridade viaria, na modalidade de Xuízo Rápido.
  • Na rúa Villalba dáse o alto a un vehículo, sendo sometido o seu condutor ás probas de alcoholemia, lanzando un resultado POSITIVO de 0,80 mg/l., instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.
  • En cálea Primavera é interceptado un condutor que presenta signos de embriaguez, lanzando un resultado POSITIVO de 0,84 mg/l., instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

Nestes casos os vehículos foron inmobilizados.

ALCOHOLEMIAS ADMINISTRATIVAS

  • Na rúa San Roque é sometido un condutor ás probas de alcoholemia, lanzando un resultado POSITIVO de 0,51 mg/l.
  • Na rolda das Fontiñas dáse o alto a un vehículo cuxo condutor presenta signos de embriaguez, lanzando un resultado POSITIVO de 0,56 mg/l.
  • Na rúa Angel López Pérez realízase proba de alcoholemia a un condutor que lanza un resultado POSITIVO de 0,64 mg/l.
  • A estes tres condutores ábreselles expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de conducir.
  • Na avenida Pablo Iglesias practícase proba de alcoholemia a un condutor, lanzando un resultado POSITIVO de 0,33 mg/l., abríndose expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de conducir.

Os vehículos foron inmobilizados.

Altercado en vía pública

A noite do día 2 unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que acuda á Ronda das Fontiñas, xa que un home denunciaba que fora agredido por outro e seguíao a pé, indicando tamén que o presunto agresor introduciuse nun edificio.

Os axentes póñense ao fala co requirente que lles manifesta que momentos antes cando circulaba co seu vehículo pola citada rolda, detense nun paso para peóns, cando un peón recrimínao por non deterse, baixándose o condutor do vehículo para indicarlle ao peón que se detivo con moita antelación, propinándolle este unha puñada na fronte, abandonando o lugar e introducíndose nun inmoble.

Os axentes logran identificar ao presunto agresor, confeccionando o correspondente parte de intervención á espera da presentación da oportuna denuncia.

Multimedia

  • Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo
  • Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Noticias relacionadas