Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Venres, 03 de novembro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Negativa a identificarse

Na tarde do día de onte unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que se traslade a un establecemento comercial da rúa da Raíña, xa que ao parecer un individuo está a causar problemas.

Os axentes preséntanse de inmediato entrevistándose coa encargada da tenda, que manifesta que momentos antes un home entrara, sentándose sen comprar nada, increpando aos clientes que se achaban no interior, logrando que se marchasen, polo que os policías proceden á identificación desta persoa, que se expresaba de maneira incoherente, dicindo aos axentes que se negaba a identificarse, polo que é trasladado a dependencias policiais onde se procede á súa plena identificación, instruíndo as oportunas dilixencias de prevención e levantando acta por infracción grave á Lei de Seguridade Cidadá, propondo sanción de até 30.000 euros.

Noticias relacionadas