Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Xoves, 03 de novembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Aparcacoches ilegais

Na mañá do día de onte estableceuse un dispositivo especial para o control da actividade ilegal de aparcacoches na contorna do HULA no que participaron efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, identificando a SEIS persoas que se dedicaban desde a calzada a indicar estacionamentos libres aos condutores, con evidente risco para a súa integridade física e causando molestias innecesarias ás demais persoas usuarias, sendo sancionados todos eles por infracción á Ordenanza Municipal de Circulación.

Auxilio á cidadanía

Sobre as 15:10 horas do día 2 de novembro unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que se traslade a unha rúa da zona sur da cidade xa que ao parecer un home vai camiñando pola rúa, falando por teléfono, chorando e alertando de que non quere seguir vivindo.

Os axentes dan unha batida pola zona localizando a esta persoa, sendo identificado e observando que presenta un estado de depresión, rompendo a chorar, manifestando que ten unha problemática familiar, que se atopa nun estado de ánimo moi baixo e que se acha baixo atención psiquiátrica.

Os axentes localizan o vehículo da súa propiedade e proceden ao seu rexistro, dirixíndose acto seguido ao domicilio onde se ser atopou unha escopeta de caza propiedade desta persoa, a cal é intervida para evitar calquera problemática, negándose esta persoa para recibir asistencia médica, facéndose cargo del a familia, instruíndose as oportunas dilixencias.

Noticias relacionadas