Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Luns, 03 de xullo de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Accidente de circulación con feridos e POSITIVO en drogas

Sobre as 13,20 horas do día 2 de xullo un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo desprázase a cálea Illas Cies xa que se produciu un accidente de circulación entre dous vehículos, observando que o condutor e tres ocupantes dun deles resultaran feridos leves e que o condutor do outro vehículo presentaba signos de acharse baixo os efectos das drogas, polo que se practica as probas regulamentarias no equipo “drogotest”, lanzando un resultado POSITIVO en OPIACIOS e ANFETAMINAS, instruíndose as correspondentes dilixencias. (foto)

Controis de alcoholemia e drogas

Durante a fin de semana do 30 de xuño ao 2 de xullo/23, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, co apoio de equipos da Unidade de Atestados do Corpo, intensificaron os controis de alcol e drogas en vías do centro urbano, co seguinte balance:

DELITOS CONTRA A SEGURIDADE VIARIA (2)

  • Na avenida da Coruña, a patrulla detecta a circulación irregular dun vehículo, cuxo condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,72 mg/l, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.
  • Na Avenida de Ramón Ferreiro, dáse o alto a un condutor que presenta signos de acharse baixo a influencia de bebidas alcohólicas. Ao ser requirido para someterse ás probas regulamentarias NÉGASE, polo que se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

ALCOHOLEMIAS ADMINISTRATIVAS (10)

  • En República Arxentina dáse o alto a un vehículo cuxo condutor é sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,51 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de conducir.
  • Na rúa San Roque establécese un control estático, detectando DOUS CONDUTORES que lanzan resultado POSITIVO. O primeiro de 0,35 e o segundo de 0,31 mg/l, abríndose expedientes sancionadores con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de conducir a cada condutor.
  •  Na Praza da Milagrosa detéctase un condutor que lanza un resultado POSITIVO de 0,65 m/l, abríndose expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de conducir.
  •  Na Praza de Xocas establécese un dispositivo estático de control, sorprendendo a TRES CONDUTORES que lanzan resultado POSITIVO en alcol. O primeiro de 0,61 mg/; 0,35 mg/l e 0,31 mg/l.
  •  En Camiño Real detectáronse DOUS CONDUTORES con signos de embriaguez, sendo sometidos ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,37 e 0,38 mg/l, respectivamente.
  •  Na Avenida Pousa Antelo realízase proba de alcoholemia a outro condutor que lanza resultado POSITIVO de 0,33 mg/l.

POSITIVO EN DROGAS (1)

Na mesma vía dáse o alto a un vehículo cuxo condutor presenta POSITIVO en drogas (THC). Como o anterior ábrese expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de conducir.

Noticias relacionadas