
Delitos contra a seguridade viaria
Sobre as 21:30 horas do día de onte, 2 de febreiro, un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo desprázase á Calzada de As Gándaras xa que ao parecer producírase un accidente de circulación, comprobando que un vehículo chocara contra outro estacionado e se dera á fuga.
Procédese a realizar unha procura, sendo localizado o vehículo fuxido e tras a conversación mantida co condutor obsérvase que presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,70 mg/l, citándoo como investigado nun delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.
Ás 00:45 horas do día 3 de febreiro unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo detecta que un vehículo circula de forma temeraria pola rúa Milagrosa, sendo interceptado pola patrulla e comprobando que o condutor, de 56 anos, CARECE de permiso de condución, sendo trasladado á Unidade de Atestados onde se instrúen dilixencias por DOUS delitos contra a seguridade viaria (condución temeraria e carecer de permiso de condución) na modalidade de Xuízo Rápido.
Así mesmo este condutor ía indocumentado polo que tivo que ser trasladado a dependencias policiais para proceder á súa completa identificación.