Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Martes, 03 de xaneiro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Controis de alcoholemia

Durante a madrugada do martes día 3 de xaneiro por efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo establecéronse diferentes filtros de seguridade viaria en vías do centro urbano, detectándose as seguintes incidencias:

  • Na rúa Castro Gil detéctase un vehículo cuxo condutor presenta signos de inxerir alcol, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,44 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución, inmobilizando o vehículo.
  • Na rúa Dinán intercéptase unha condutora novel que é sometida ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,20 mg/l (a taxa máxima para estes condutores é de 0,15 mg/l), abríndose expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución, inmobilizando o vehículo.
  • Na Avenida de Ramón Ferreiro detéctase a circulación irregular dun vehículo que ao ser detido obsérvase que o seu condutor presenta síntomas de acharse baixo os efectos de bebidas alcohólicas, sendo sometido ás probas de alcoholemia, lanzando un resultado POSITIVO de 0,72 mg/l, sendo trasladado á Unidade de Atestados do Corpo onde se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria. Inmobilízase o vehículo.

Noticias relacionadas