Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Xoves, 02 de decembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Sobre as 19:55 horas do día 1 de decembro unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que acuda á Rolda da Muralla, xa que ao parecer estase producindo unha pelexa entre un home e unha muller no interior dun vehículo estacionado.

Os axentes comparecen de inmediato e atopan a un home no lado do condutor e a unha moza fóra do vehículo. Os policías entrevístanse separadamente con ámbolos dous que manifestan que son parella, presentando signos de embriaguez, manifestando a moza que mantiveron unha forte discusión, presentado varias rabuñaduras na cara, respondendo inicialmente que llas fixo o seu can, mostrándose esquiva e pouco colaboradora cos axentes. O home manifesta que cando ía coa súa parella no turismo empezaron unha forte discusión e tivo que estacionar o vehículo, debido a que a súa parella o agredira, presentando na cara varias rabuñadas, negando que agredise á moza.

Os axentes identifican a varias testemuñas que manifestan que a parella se pelexaba e zarandeaban mutuamente e que nun momento dado o mozo saíu do vehículo e tentou sacar á moza do mesmo á forza. Os axentes proceden a trasladar á parella a dependencias policiais en calidade de detidos por un presunto delito de malos tratos, rexeitando asistencia facultativa, instruíndose dilixencias para o Xulgado competente.

Noticias relacionadas