Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Luns, 02 de outubro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Delitos contra a seguridade viaria

A madrugada do día 1 unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que acuda á rúa Paxariños xa que o condutor dunha motocicleta, con evidentes signos de embriaguez, trataba de subirse a ela con moita dificultade, para poñela en marcha. Os axentes observan a esta persoa na actitude descrita, ordenándolle que non pode conducir nese estado, polo que o condutor manifesta que a deixa estacionada e vaise para o seu domicilio, pero cando a patrulla afástase do lugar, escoitan o son da moto, volvendo ao lugar, observando que circula polo medio do carril en sentido cara á rúa Ramón Montenegro, dándolle o “alto” e adoptando unha actitude arrogante e agresiva, sendo requirido para someterse ás probas de alcoholemia, lanzando un resultado positivo de 0,92 mg/l.

Mentres se esperaba á realización da segunda proba, profire insultos aos policías, lanzando nesta proba un resultado positivo de 0,93 mg/l, procedendo á inmobilización do vehículo, e instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de xuízo rápido.

Máis tarde é detectado o mesmo condutor conducindo o vehículo, quebrantando a orde de inmobilización, polo que se procede a darlle o alto, requirindo a presenza dun guindastre na que foi trasladada a motocicleta ao Depósito Municipal, abríndose expediente sancionador polo quebrantamento e levantando acta de denuncia por infracción á Lei de Seguridade Cidadá, polas continuas faltas de respecto cara aos axentes da autoridade.

Esa mesma madrugada, na Ronda das Fontiñas, foi detido un vehículo cuxo condutor presentaba signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado positivo de 0,80 mg/l, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de xuízo rápido, inmobilizando o vehículo.

Po súa parte, a madrugada do día 2, unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, detecta a circulación irregular dun vehículo pola Ronda das Fontiñas, cuxa condutora presenta signos de embriaguez, polo que é sometida ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado postivo de 0,69 mg/l, comprobándose a través das bases de datos policiais que dita condutora carece do permiso de condución, por perda de vixencia, instruíndose dilixencias por dous delitos contra a seguridade viaria na modalidade de xuízo rápido e inmobilizándolle o vehículo.

Controis de alcoholemia e drogas

Durante as noites do sábado e domingo, por efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, co apoio de equipos de Atestados do Corpo, intensificáronse os controis de alcoholemia e drogas, interceptando a NOVE condutores que lanzaron resultado POSITIVO nas probas regulamentarias ás que foron sometidos, obténdose os seguintes resultados:

ALCOHOLEMIAS

  • 0,30 mg/l
  • 0,33 mg/l
  • 0,34 mg/l
  • 0,35 mg/l
  • 0,38 mg/l
  • 0,42 mg/l
  • 0,43 mg/l
  • 0,53 mg/l

Os sete primeiros condutores foron sancionados con multas de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución e o oitavo con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos.

DROGAS

  • Un Positivo en Cocaína e Opiáceos, con sanción de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución.

Todos os vehículos foron inmobilizados.

Controis de velocidade

Durante a fin de semana, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, realizaron diversos controis de velocidade, en vías onde se rexistran un incremento de accidentes de circulación, empregando para iso un vehículo policial dotado de cinemómetro, co seguinte balance de 1.001 vehículos controlados e 82 condutores denunciados por pasar a velocidade máxima permitida (50 km/h). As velocidades máximas captadas foron de 106 km/h e 103 km/h, sendo sancionados os condutores con multas de 600 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución.

Liorta en vía pública

Na madrugada do día 30 unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, de servizo no centro histórico, observan na rúa Tinería dous mozos ensanguentados, sendo identificados e manifestando un deles que cando se atopaban pola zona da Catedral, observan como un mozo estaba a discutir cunha moza e para defendela interpuxéronse entre el e a muller, sendo agredidos por esta persoa, que fuxiu do lugar.

Mentres unha patrulla auxiliaba a estes mozos, outra patrulla despregábase polas inmediacións, localizando a un mozo que respondía as características dadas polos agredidos, levando a roupa tamén ensanguentada, polo que é identificado, instruíndose dilixencias para a súa remisión ao Xulgado de Garda.

Conduta incívica

Na noite do día 1 unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que acuda á Avenida da Coruña xa que ao parecer un home está a coller as bolsas de lixo dos contedores e esta a lanzalas á vía pública.

Os axentes comproban estes feitos e proceden á procura do autor, sendo localizado un home na rúa Perpetuo Socorro, con restos de lixo nas súas mans, que a está lanzando á beirarrúa oposta, sendo identificado e levantando acta de denuncia por infracción á Lei de Residuos de Galicia e outra denuncia por infracción á Lei de Seguridade Cidadá, podendo supoñer unha sanción de ata 30.000 euros. (foto)

Noticias relacionadas