Inspección establecemento público
Na tarde do día de onte, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo observa que un local situado no barrio da Milagrosa áchase aberto, cando se lle notificou Decreto de que non pode exercer actividade, polo que se procede ao desaloxo e peche do establecemento, ata que por parte do órgano competente dite resolución de apertura do local.
Intervención en discusión de parella
A madrugada do día 2 de agosto unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, é comisionada pola Sala do 092 para que acuda a un edificio da zona sur da cidade xa que ao parecer un home e unha muller manteñen unha discusión. Os axentes preséntanse de inmediato e ven na rúa a un home e unha muller discutindo, entrevistándose con ambos por separado, manifestando que son parella, que ao chegar a casa despois de tomar “unhas copas”, discutiron, saíndo a muller do domicilio, sendo seguida polo home para tratar de acougar a situación, sen que en ningún momento houbese ningún tipo de violencia entre eles, procedendo á súa identificación e confeccionando o correspondente parte de intervención para a súa remisión ao órgano competente.
Accidente de circulación con ferido
Na tarde de onte, un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo trasládase á Avenida Adolfo Suárez xa que se produciu un accidente de circulación, comprobando que unha motocicleta circulaba pola rotonda, perdendo o seu condutor o control do vehículo cando adiantaba a un turismo, caendo ao chan, saíndo despedido o casco de protección e sendo trasladado ao HULA nunha ambulancia do 061 para a súa atención médica, xa que o seu estado é reservado.

