Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Mércores, 02 de agosto de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Controis de alcoholemia e drogas

Durante as noites do luns 31 de xullo e o martes 1 de agosto, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo intensificaron os controis de alcoholemia e drogas en vías do centro urbano, especialmente naquelas que se detecta un incremento do número de accidentes, empregando tanto vehículos policiais rotulados como camuflados, co seguinte balance.

Na rúa Lamas de Prado estableceuse un control estático onde se detectaron DOUS CONDUTORES con signos de embriaguez, que ao ser sometidos ás probas de detección alcohólica arroxaron resultado POSITIVO de 0,62 e 0,33 mg/l respectivamente.

Ao primeiro condutor (0,62 mg/l) abríuselle expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución.

Ao segundo condutor (0,33 mg/l) propúxoselle sanción de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución.

En ambos os casos inmobilizáronse os vehículos.

Na rúa Dinán sorprendeuse a un condutor que arroxou un resultado POSITIVO de 0,57 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución, inmobilizando o vehículo.

Na Avenida de As Fontiñas estableceuse un Dispositivo Estático de Control (DEC) onde foron detectados TRES CONDUTORES con taxas de alcol superiores ás regulamentarias e UN CONDUTOR con presenza de drogas no organismo.

O primeiro condutor detectado arroxou un resultado POSITIVO de 0,31 mg/l., abríndose expediente sancionador de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de conducir.

O segundo condutor arroxou un resultado POSITIVO de 0,58 mg/l.

O terceiro condutor arroxou un resultado POSITIVO de 0,56 mg/l.

Nestes dous casos abriuse expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución, inmobilizando os vehículos.

Así mesmo detectouse un condutor que arroxou un resultado POSITIVO en THC, polo que foi sancionado con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución.

Axuda humanitaria

  • A tarde do día 31 de xullo unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo acode á rúa Nicomedes Pastor Díaz xa que ao parecer había un home tirado nas escaleiras dun edificio.

Os axentes localizan a esta persoa, que presenta signos de embriaguez, sendo auxiliado, requirindo a presenza dunha ambulancia do 061, sendo trasladado a un centro médico para a súa valoración.

Ao mediodía do día 1 de agosto outra patrulla trasládase á praza Dtr. Rafael de Vega xa que ao parecer había un home tirado na rúa.

Os axentes atopan a esta persoa caído na rúa, en estado de embriaguez, resultando ser a mesma que foi auxiliada no día de onte, negándose a ser atendido polos servizos sanitarios xa que manifesta atoparse mellor, redactando os axentes o correspondente parte de intervención policial para a súa remisión aos Servizos Sociais.

  • Na madrugada do día 2 de agosto unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que acuda á rúa Mar Cantábrico xa que ao parecer unha muller interrompera a circulación dun vehículo, manténdose recostada sobre o capó do mesmo, impedíndolle a súa marcha.

Os axentes atopan a esta persoa, que presenta signos de consumir sustancias estupefacientes, apoiada na defensa do vehículo, proferindo berros e golpeándose na cara continuamente, procedendo os policías a auxiliala, retirándoa da vía pública, requirindo a presenza dunha ambulancia, necesitando ser suxeitada e inmobilizada tanto pola dotación de Policía Local como por unha dotación da Policía Nacional que acudiu ao lugar, sendo acompañada no interior da ambulancia para maior seguridade no traslado ao HULA para a súa valoración médica.

Noticias relacionadas