
Controis e delito contra de seguridade viaria
Durante a tarde do día 1 de marzo efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo intensificaron os controis de seguridade viaria en vías do centro urbano, detectando en Camiño Real a circulación irregular dun vehículo que ao ser detido compróbase que o seu condutor CARECE de permiso de condución por condena xudicial, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria, inmobilizando o vehículo. Así mesmo compróbase que o vehículo CARECE de Seguro Obrigatorio e o seu titular non o presentou a ITV no prazo debido, abríndose expediente sancionador con multa de 1.700 euros.
Este condutor é multirreincidente xa que foi interceptado por efectivos da Policía Local de Lugo nas seguintes datas polos feitos que se expresan:
- Julio do ano 2022.- Delito contra a seguridade viaria por conducir con altas taxas de alcol.
- Setembro do ano 2022.- Delito contra a seguridade viaria por conducir carecendo de permiso por resolución xudicial.
- 3 de Febreiro de 2023.- Delito contra a seguridade viaria por conducir carecendo do permiso por resolución xudicial.
- 19 de Febreiro de 2023.- Delito contra a seguridade viaria por condución carecendo do permiso de condución e lanzar alta taxa de alcol nas probas de alcoholemia.
Así mesmo foi detectado un condutor profesional que lanzou un resultado POSITIVO de 0,29 mg/l nas probas de alcoholemia ás que foi sometido, cando a súa taxa máxima é de 0,15 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución.
No transcurso destes controis detectáronse as seguintes infraccións graves á normativa de seguridade viaria:
- Interceptados 5 vehículos cuxos titulares non os presentaban a ITV no prazo debido.
- Detectados 6 vehículos que circulaban CARECENDO de Seguro Obrigatorio.
- 1 vehículo detectado cuxo condutor non realizara o troco dun permiso estranxeiro.
- Foi interceptado e denunciado o condutor dun patinete eléctrico por circular dúas persoas en devandito VMP.
Axuda humanitaria
Na tarde do día 1 de marzo unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo detecta na Rolda da Muralla unha persoa caída na beirarrúa que estaba a ser atendida por varios cidadáns, posiblemente ao sentirse indisposta, presentando convulsións e golpeándose na caída na fronte e mans, sendo auxiliada polos policías que a colocan en posición lateral de seguridade, requirindo a presenza dunha ambulancia do 061 na que é trasladada ao HULA para a súa atención médica.