
Controis de alcoholemia e drogas
Durante estas últimas noites, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, intensificaron os controis de alcoholemia e drogas, establecendo diversos filtros de seguridade viaria en vías do centro urbano, co emprego de vehículos policiais rotulados e camuflados, co seguinte balance:
DELITOS CONTRA A SEGURIDADE VIARIA (2)
Detectouse a DOUS condutores que circulaban pola rúa Río Eo e pola rúa San Roque CARECENDO de permiso de condución por NON OBTELO NUNCA, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando os vehículos.
Esta conduta está castigada, no vixente Código penal, coa pena de prisión de 3 a 6 meses.
ALCOHOLEMIAS ADMINISTRATIVAS (9)
- Ronda das Fontiñas. Condutor que lanza un resultado POSITIVO de 0,39 mg/l.
- Valle Inclán. Condutor que lanza un resultado POSITIVO de 0,36 mg/l.
- Ronda das Fontiñas. Condutor que lanza un resultado POSITIVO de 0,37 mg/l.
- Avenida das Amércas. Condutor que lanza un resultado POSITIVO de 0,31 mg/l.
- Rúa Milagrosa. Condutor que lanza un resultado POSITIVO de 0,41 mg/l.
- Rolda do Carmen. Condutor que lanza un resultado POSITIVO de 0,41 mg/l.
- Rolda do Carmen. Condutor que lanza un resultado POSITIVO de 0,49 mg/l.
A estes 7 condutores abríuselles expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución, inmobilizando os vehículos.
- Rolda do Carmen. Condutor que lanza un resultado POSITIVO de 0,59 mg/l.
A este condutor impúxoselle sanción de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución, inmobilizando o vehículo.
Así mesmo sorprendeuse circulando pola rúa Tinería (zona peonil) un vehículo que ao ser dado de alta observouse que o seu condutor presentaba signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,38 mg/l., abríndose expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución.
DROGAS (1)
Na rúa Tui dáse o alto a un vehículo cuxo condutor presenta signos de consumir substancias estupefacientes, sendo sometido a un test de drogas, lanzando un resultado POSITIVO en THC.
Intervención en discusións familiares
A madrugada do día 31 de xullo, patrullas do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo interviñeron en dúas discusións familiares.
A primeira nun edificio da zona norte da cidade onde un home e unha muller discutían en ton elevado, procedendo os axentes para entrevistarse separadamente con cada un deles e pescudando que a discusión era por motivos de convivencia entre ambos, sen que houbese ningún tipo de agresión física, polo que se confecciona o correspondente parte de intervención para a súa remisión ao órgano competente.
A segunda levou a cabo nunha vivenda da zona sur da cidade onde unha nai discutía co seu fillo, menor de idade, por beber unhas cervexas, procedendo os axentes para cooperar na resolución do conflito, confeccionando o correspondente parte de intervención policial.
Accidente de circulación
A tarde do día 31 de xullo, un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo desprázase á rúa Alfonso X xa que un vehículo estaba encaixado contra unha marquesiña de autobús urbano, pescudando os axentes que un vehículo que estaba estacionado, desprazouse sen condutor costa abaixo, aproximadamente uns 100 metros, invadindo o carril contrario, chocando contra a marquesiña que resultou con importantes danos, logrando a identificación do propietario do vehículo, o cal manifestou que o deixara estacionado momentos antes, co freo de man accionado, descoñecendo o motivo polo cal o vehículo se desprazou, levantando o correspondente atestado polos danos causados. (foto)

