Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Venres, 01 de abril de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Accidente con positivo por alcoholemia

Sobre as 5:00 horas de hoxe un vehículo que circulaba por Infanta Elena desvíase da súa traxectoriae choca contra outros dous vehículos estacionados e, posteriormente, contra un farol de iluminación pública.

O condutor, de 30 anos, resultou ileso e presentaba signos de embriaguez polo que foi sometido ás probas de detección alcohólica lanzando un resultado POSITIVO de 1,00 mg/l(catro veces máis da taxa permitida), instruíndose atestado polos danos causados e dilixencias por delito contra a seguridade viaria.A unidade de Atestados da Policía Local de Lugo faise cargo das dilixencias.

Condutas incívicas

Durante a madrugada por efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo estableceuse un dispositivo para erradicar as condutas incívicas na contorna da Catedral, sorprendendo a SEIS rapaces que estaban a ouriñar na vía pública:

  • 3 mozos na praza de Pío XII
  • 1 na rúa do Miño
  • 1 en Fernando Casas Novoa
  • 1 na rúa Falcón

A todos eles levantouse acta de denuncia por infracción á Lei de Residuos de Galicia, propoñéndose sancións para cada un de ata 900 euros.

Gorrillas

Durante a mañá do día de onte estableceuse un dispositivo na contorna do HULA, para o control da actividade ilegal de aparcacoches, coñecidos popularmente como gorrillas, no que participaron efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, co emprego de vehículos policiais camuflados, sendo denunciados CINCO persoas por infraccións á Ordenanza de Circulación e do Regulamento Xeral de Circulación.

A un deles levantouse acta de denuncia por infracción á Lei de Seguridade Cidadá por desobediencia aos axentes da autoridade no exercicio das súas funcións, xa que deambulaba constantemente entre a beirarrúa e a calzada xerando un manifesto perigo para si mesmo e para os usuarios, sendo requirido ata en dúas ocasións para que cesase na súa actitude, ausentándose do lugar nun primeiro momento pero máis tarde foi observado de novo realizando esta mesma conduta, polo que se lle propuxo sanción de ata 10.400 euros.

Noticias relacionadas