Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Mércores, 01 de marzo de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Delito de furto

Na mañá do día 28 de febreiro unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que acuda a un establecemento da rúa Progreso xa que tiñan retida a unha persoa que pretendía abandonalo sen abonar unhas pezas. O persoal do local comercial manifesta aos axentes que esta persoa foi sorprendida gardando pezas de roupa cun valor aproximado de 200 euros, procedendo á identificación da presunta autora destes feitos, unha muller de 59 anos, a cal porta a peza co ticket, achando noutra bolsa outras pezas de roupa e calzado que, unha vez feitas as investigacións oportunas, púidose saber que foran subtraídas noutro comercio das inmediacións, polo que é trasladada a dependencias policiais onde se instrúen dilixencias para o Xulgado de Garda por un presunto delito de furto.

Auxilio á cidadanía

Na tarde do día do día 28 de febreiro unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que se traslade a un edificio da rúa Otero Pedrayo xa que unha persoa que alí reside non responde ás chamadas que lle fan os veciños, podendo pasarlle algo grave. Acudidos de inmediato, os axentes acceden á vivenda a través da terraza do piso lindeiro, abrindo a porta da galería, achando tombado na cama un home de avanzada idade, que ten pulso pero non responde as chamadas verbais, sendo auxiliado e requirindo a presenza dunha ambulancia do 061, cuxo persoal sanitario estabilízao, manifestando que se atopa en coma hipoglucémico, sendo trasladado ao HULA para a súa atención médica.

Noticias relacionadas