Comunicado de prensa de la Policía Local de Lugo

Venres, 05 de decembro de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de la Policía Local de Lugo

 Durante os últimos días, a Policía Local de Lugo intensificou a súa colaboración en actuacións vinculadas coa violencia de xénero e coa execución de requirimentos xudiciais, dando resposta eficaz a diferentes situacións que requirían unha actuación inmediata e coordinada.

Entre as principais intervencións destacan:

Tres detencións por violencia de xénero, en diferentes contextos:

Nun dos casos, unha muller foi vítima de violencia física dentro do ámbito doméstico, en presenza da súa filla menor de idade, no domicilio familiar. A actuación inmediata dos axentes permitiu a detención do agresor e a protección da vítima, quen manifestou que non era o primeiro episodio sufrido.

Noutro dos casos, os axentes actuaron nun episodio de violencia de xénero continuada. A muller permanecera en silencio anteriormente, e coa intervención policial se ha logrando a detención do autor e a derivación da vítima para os recursos de atención especializada.

Finalmente, interveuse nun domicilio onde unha muller denunciou agresións físicas da súa parella, procedéndose á súa detención no lugar e traslado inmediato a dependencias policiais.

Unha intervención destacada por parte de UPAV (Unidade de Protección e Atención a Vítimas) da Policía Local, que culminou coa detención dun home por quebrantamento dunha orde de afastamento. A actuación, froito da vixilancia discreta e continuada que realiza esta unidade especializada nos casos activos do sistema de seguimento policial de violencia de xénero, permitiu constatar que o agresor axexaba de forma reiterada os arredores do domicilio protexido, incumprindo así as medidas impostas pola autoridade xudicial.

A intervención foi planificada e executada polos axentes de UPAV, quen non só lograron verificar os feitos, senón que evitaron así unha posible escalada no risco para a vítima. Este tipo de actuacións evidencian a eficacia do traballo preventivo e de seguimento individualizado que presta esta unidade desde a súa creación o 17 de xuño de 2025, e reafirman o compromiso firme da Policía Local de Lugo coa protección activa das persoas en situación de especial vulnerabilidade.

Unha detención e unha comparecencia por reclamación xudicial vixente, ambas as relacionadas tamén con casos previos de violencia de xénero. Nun deles, o detido tiña unha requisitoria de procura, detención e ingreso en prisión por orde do Xulgado Penal nº 2 de Lugo no marco dunha execución penal por delito de violencia de xénero. Noutro caso, procedeuse á localización e comparecencia dunha persoa con orde de presentación pendente ante sede xudicial por situación similar.

Todas estas actuacións desenvolvéronse conforme os protocolos establecidos e con especial atención á protección inmediata das vítimas, a súa derivación a recursos específicos e a coordinación con unidades especializadas. A Policía Local de Lugo, como parte activa do sistema de seguimento integral dos casos de violencia de xénero, continúa mantendo unha liña de actuación firme e humana neste tipo de delitos, velando tanto pola seguridade das vítimas como polo cumprimento das ordes xudiciais vixentes.

O corpo policial reitera o seu compromiso firme na loita contra a violencia de xénero e lembra á cidadanía que a súa colaboración, a través do 092, 091, 112 e o 016, pode resultar clave para activar os recursos de protección e apoio dispoñibles.

Noticias relacionadas