
Filtros de seguridade viaria
Durante os filtros de seguridade viaria establecidos durante a fin de semana, os axentes puideron detectar e denunciar as seguintes infraccións:
Dous condutores que deron resultado positivo nas probas de alcoholemia (0.67/0.68 e 0.89/0.80 mg/L). A ambos os condutores investígaselles como autores dun presunto delito contra a seguridade viaria, polo procedemento de xuízo rápido.
Condutor que arroxa resultado positivo de 0.43/0.35 mg/L, polo que é denunciado administrativamente, o que supón unha sanción económica de 500€ e a detracción de 4 puntos do seu permiso de conducirl.
Controis de velocidade realizados na rúa Aller Ulloa, Calzada das Gándaras, Estrada Vella de Santiago, Avd. Infanta Elena, Rúa San Eufrasio, Rolda do Carmen, nos que se controlaron 1066 vehículos, sendo denunciados 114 condutores por exceder a velocidade máxima permitida.
Discusión en domicilio
Ás 00:35 horas do sábado a Sala do 092 recibe información sobre unha discusión entre home e muller nun domicilio da Rolda República Arxentina, na que se escoitan berros e están tirando obxectos pola ventá. Trasládase de inmediato ao lugar un indicativo do Grupo Operativo Nocturno, que contacta cos implicados por separado. O home manifesta que acolleu a muller, xa que non tiña onde durmir, anque non residía alí de forma continua e non tiña chaves, pero que ás veces viña embriagada e que non quería abandonar a vivenda. A muller di que simplemente discutiron, tirando ela unha maceta e algún outro obxecto pola ventá, pero que se ausenta do lugar nese momento.
Molestias por ruidos
Os axentes do Grupo Operativo Nocturno tíveron que acudir a unha vivenda da rúa Río Ser, ás 00:10 horas do domingo, polos requirimentos veciñais causados polas molestias do volume da música e berros procedentes dun dos pisos. Os axentes contactan co morador, que manifesta que se ausentan do domicilio nese momento, cesando as molestias.
Auxilio a cidadáns
Os axentes do Grupo Operativo Nocturno, en horas da noite do sábado e domingo, trasladáronse a dous domicilios da cidade para auxiliar a dúas persoas de avanzada idade que caeron no interior do domicilio e non eran capaces de se levantar polos seus propios medios.
Desprendementos de fachada
Os axentes da Unidade Territorial de Policía de Barrio, durante venres e sábado, acudiron a edificios das rúas Papoula, Adolfo Suárez e Pintor Villamil, por desprendementos de elementos das fachadas dos mesmos.
Control de establecementos
Ás 5:00 horas do domingo, un indicativo do Grupo Operativo Nocturno que realizaba patrulla de vixilancia pola zona da Marina Española, observa que un dos locais de lecer nocturno situado no lugar atópase aberto ao público, con música en funcionamento e servindo consumicións, atopándose no interior unhas 14 persoas, motivo polo cal os axentes confeccionan acta por incumprir o horario máximo de peche.

