
Detención por delito de violencia doméstica
O pasado 22 de outubro, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que se traslade a rúa Deputación, xa que os veciños alertan que un menor está sentado no muro da terraza dunha vivenda, con perigo de caerse, á vez que indica que se dirixiu ao menor para pedirlle que se retirase do muro, accedendo a iso, á vez que lle di que “por favor chame á policía”.
Os axentes preséntanse de inmediato, accedendo ao interior do domicilio, observando que o menor está moi nervioso e alterado, manifestando que vive co seu pai que o agride, sufrindo malos tratos psicolóxicos frecuentes, dándolle un bofetón hai uns días, partíndolle o beizo, ademais de pegarlle co puño e coa man, indicando que a súa nai non vive con eles.
O pai é identificado, manifestando que no día de hoxe iniciaron ambos unha discusión polo resultado dun exame do colexio, momento no que o menor quixo saír do domicilio, impedíndollo e iniciando un forcexo, motivo polo que se procede á detención do pai e o seu traslado a dependencias policiais onde se instrúen dilixencias para o Xulgado de Garda por un delito de violencia doméstica, sendo trasladado o menor a un centro de acollida.
Actividade ilegal de aparcacoches
Na mañá de onte, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, sorprende a DÚAS persoas nas inmediacións do HULA, exercendo a actividade de aparcacoches, permanecendo na calzada para indicar aos condutores prazas libes de aparcamento, co consecuente risco para a súa integridade física e o resto de usuarios da vía, procedendo á súa identificación, sendo denunciados por infracción á normativa de seguridade viaria e ordenándolles que cesasen na súa actitude, o que fan retirándose do lugar.
Pasado un tempo, os axentes comproban que estas mesmas persoas volven estar exercendo esta actividade ilegal, polo que son novamente denunciados, pero esta vez por infracción á Lei de Seguridade Cidadá, por desobedecer aos axentes da autoridade no exercicio das súas funcións, propoñéndose sanción a cada un deles, que no seu grao mínimo está comprendido entre 601 e 10.400 euros, podendo chegar ata os 30.000 euros.
Auxilio a un cidadán
Na Avenida de Ramón Ferreiro unha patrulla da Policía Local de Lugo detecta a presenza dunha persoa que deambula desorientada, pescudando que se foi dunha residencia da terceira idade dun municipio da provincia da Coruña, estando moi alterado, requirindo a presenza dunha ambulancia que o traslada ao HULA, comunicando este feito ao persoal do centro onde está ingresado.

