
Filtros de seguridade viaria
Durante os filtros de seguridade viaria levados a cabo pola Unidade Territorial de Policía de Barrio, o Grupo Operativo Nocturno e a Unidade de Atestados, detectáronse e denunciáronse as seguintes infraccións:
Dúas alcoholemias positivas. Infracción administrativa castigada con multa de 500 euros e detracción de 4 puntos do permiso de conducir.
- 0.35 e 0.35 mg/L na rúa Concepción Arenal.
- 0.45 e 0.47 na Avenida da Coruña.
Unha alcoholemia positiva. Infracción administrativa castigada con multa de 1000 euros e detracción de 6 puntos do permiso de conducir.
- 0.63 e 0.55 mg/L na rúa Miguel de Cervantes.
Unha alcoholemia positiva. Tras varios avisos telefónicos sobre un vehículo circulando de forma errática, os axentes localizan ao turismo e someten ao seu condutor ás probas de alcol, lanzando o resultado descrito, polo que se instrúen dilixencias por un presunto delito contra as seguridade viaria.
- 1.03 e 1.09 mg/L en Rúa do Trebo.
Accidente de circulación ocorrido na Avd. Paulo Fabio Máximo, no que un turismo choca por alcance contra unha motocicleta que se atopa detida ante a sinalización de STOP, na confluencia coa Avd. da Coruña, tras o cal o condutor do turismo dáse á fuga, realizando varias manobras con risco para as persoas. Os axentes da Unidade de Atestados puideron localizar a varias testemuñas, que informaron de que o vehículo causante xa tería algún incidente anterior co condutor da motocicleta. Por todo o pescudado inícianse dilixencias, nas que o condutor do turismo será investigado como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria, por conducir de forma manifestamente temeraria.
Positivo en drogas. THC. Condutor dun VMP (patinete) ao que os axentes observan circulando por zona peonil, en Quiroga Ballesteros, consumindo o que parece ser un “porro”, polo que é sometido ás probas de drogas correspondentes, lanzando resultado positivo en THC, sendo denunciado por infracción que conleva sanción de 1000 €.
Tamén se localizaron 5 vehículos que non foran sometidos á inspección técnica periódica no prazo debido e un que non tiña concertado seguro obrigatorio.
Molestias por ruídos
Ás 00’00 horas do sábado, recíbense queixas polas molestias que causa o volume da música procedente dunha vivenda na Rolda de Fingoy, polo que se comisiona no lugar un indicativo do Grupo Operativo Nocturno. Os axentes comproban que a música se escoita desde a rúa e contactan co morador do inmoble, que di estar a celebrar uns aniversarios, pero que baixarán a música de inmediato, sen que se volvesen a recibir máis queixas veciñais.
Mediación en conflito familiar
Ás 20’25 horas do venres un indicativo da Unidade Territorial de Policía de Barrio trasladouse a un domicilio da Avd. da Coruña, desde onde se informaba de berros e golpes en mobles. Os axentes contactan cos requirentes, que informan do que parece ser unha discusión de parella. Posteriormente entrevístanse, por separado, co home e a muller, manifestando ambos os discutir e levantar a voz, pero sen chegar a máis, algo que confirma espontaneamente un dos dous fillos, menores, que se atopaban presentes, polo que, ao non existir indicios que aconsellen maior actuación policial, os axentes abandonan o lugar.
Ás 4’00 horas do sábado, os axentes do Grupo Operativo Nocturno tiveron que trasladarse a un domicilio da rúa Lamas de Prado, desde onde se informou dunha forte discusión. A resolución que se produciu foi similar á detallada no punto anterior.
Auxilio a cidadáns
Ás 6’10 horas do sábado, un indicativo da Unidade Territorial de Policía de Barrio prestou auxilio a unha persoa que se caeu da cama no seu domicilio, sen que o seu acompañante fose capaz de levantala.
Ás 19’50 horas do mesmo sábado, outro indicativo de Policía de Barrio auxiliou a unha persoa que se quedou encerrada no recinto do Cemiterio de San Froilán.
Ás 5’30 horas do sábado, a Sala do 092 recibe varias chamadas informando da presenza dun individuo gritando na Avd. de Madrid. Trasládase ao lugar un indicativo do Grupo Operativo Nocturno e localiza ao individuo en cuestión, que nese momento grita cara a un veciño, con insultos cara ao mesmo, polo que é identificado polos axentes, que lle ofrecen asistencia sanitaria, por se se atopa indisposto, ao que responde con insultos tamén cara aos axentes, que lle cominan a que abandone o lugar e permita o descanso dos veciños. Finalmente, o suxeito tivo que ser denunciado por unha infracción á Lei de Protección da Seguridade Cidadá, por falta de respecto aos axentes da autoridade.
Control de establecementos
Ás 5’00 horas do domingo, cando un indicativo do Grupo Operativo Nocturno realiza patrulla preventiva pola rúa Doutor Fleming, observa que un establecemento situado na mesma, con licenza de cafetería e, por tanto, debería atoparse pechado ao público desde as 3’00 horas, atopábase aberto e servindo consumicións ao público, motivo polo cal foi denunciado por infrinxir o horario máximo de peche, o que constitúe unha infracción grave á Lei de Espectáculos Públicos de Galicia, que pode ser sancionada con multa de 301 a 30.000 euros e diversas medidas sobre o funcionamento do establecemento.

