Na tarde do día 9/03/20, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo procederon a auxiliar a unha muller, que se achaba nunha vivenda da rúa Angelo Colocci aparentemente inconsciente
A muller que inicialmente estaba tirada no chan da vivenda foi trasladada á cama e posta en posición de seguridade ata a chegada dunha ambulancia do 061 e pola intervención da dotación médica recuperou a consciencia, sendo trasladada posteriormente ao HULA

Na mesma tarde, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio estableceron varios filtros de seguridade viaria na zona da Piringalla e Agro do Rolo, para o control do cumprimento, por parte de condutores e ocupantes dos vehículos, da obrigación de utilizar o cinto de seguridade.
Foron denunciados 6 condutores e 2 ocupantes por non utilizar o cinto de seguridade, correctamente abrochado, levando consigo multa, para os primeiros de 200 euros e a retirada de 3 puntos do permiso de conducir e para os segundos 200 euros de multa.
No transcurso destes filtros de seguridade viaria detectouse un condutor de 23 anos que conducía un vehículo, tendo declarada a perda de vixencia do seu permiso de conducir por perda total dos puntos asignados legalmente, instruíndose dilixencias por un delito contra a seguridade viaria e citado como investigado para Xuízo Rápido.
O vixente Código penal castiga esta conduta con pena de prisión de tres a seis meses ou coa de multa de doce a vinte e catro meses ou coa de traballos en beneficio da comunidade de trinta e un a noventa días.