COMUNICADO DE PRENSA DA POLICÍA LOCAL DE LUGO

Martes, 05 de decembro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
COMUNICADO DE PRENSA DA POLICÍA LOCAL DE LUGO

Grafiti

Na madrugada do día 5 de decembro, unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que se traslade á rúa Alexandre Bóveda, xa que ao parecer había un mozo realizando unha pintada.

Os axentes trasládanse de inmediato e observan como un mozo, ao advertir a presenza policial, foxe do lugar, sendo localizado escondido entre dous vehículos estacionados, comprobando que ten as mans manchadas de pintura, sendo rexistrado, localizando tres botes de pintura utilizados para a realización do grafiti nunha parede dun edificio, procedendo á súa identificación e levantando acta de denuncia por estes feitos e identificando tamén ao requirente, informándolle dos pasos para seguir para presentar a correspondente denuncia. (foto 1)

Delito contra a seguridade viaria

Sobre as 14 horas do día 4 de decembro unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, de servizo pola Rolda da Muralla, detecta a circulación irregular dun vehículo, comprobando que o seu condutor carecía de permiso de condución por non obtelo nunca, polo que se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.

Accidentes de circulación

Na madrugada do día 5 de decembro un equipo da Unidade de Atestados da Policía Local de Lugo desprázase á rúa Cotón de Arriba, xa que se produciu un accidente de circulación, observando que o condutor dun turismo perdera o control do mesmo, saíndose pola súa dereita, chocando contra un muro de peche dunha leira, procedendo á identificación do condutor, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado negativo, instruíndose as oportunas dilixencias. (foto 2)

Na tarde do día 4 de decembro, un equipo de Atestados acode á confluencia da avenida Infanta Elena coa rúa Fabio Máximo, xa que se produciu un accidente de circulación, observando que dous vehículos chocaran, rexistrándose danos materiais. (foto 3) 

Multimedia

  • COMUNICADO DE PRENSA DA POLICÍA LOCAL DE LUGO
  • COMUNICADO DE PRENSA DA POLICÍA LOCAL DE LUGO

Noticias relacionadas