COMUNICADO DE PRENSA DA POLICÍA LOCAL DE LUGO

Venres, 13 de outubro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
COMUNICADO DE PRENSA DA POLICÍA LOCAL DE LUGO

Presunta agresión a un menor

Na tarde do día 11, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, de servizo no recinto feiral, son comisionados pola Sala do 092 para que acudan á rúa Vila de Foz, xa que ao parecer un home agredira a un menor. Os axentes pescudan que un menor que gardaba cola co seu pai, para acceder a unha atracción, coloca a man nunha fonte de auga, salpicando a un neno que se atopaba dentro da atracción, mollándolle a cara e parte da roupa, polo que ao observar isto, o pai deste neno agarrara polo pescozo coas dúas mans ao menor, zarandeándolo e introducindo a súa cara nun dos chorros da atracción, co fin de mollalo tamén, sendo identificado o presunto agresor, que recoñece estes feitos, alegando que non lle causou lesión algunha ao menor, achacando a súa acción a un alleamento temporal. Os axentes proceden á identificación dos dous menores e os seus proxenitores,  instruíndo o correspondente parte de intervención, á espera da presentación da oportuna denuncia.

Controis de alcoholemia e drogas

Efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, co apoio de equipos da Unidade de Atestados do Corpo, e co emprego de vehículos rotulados e camuflados, intensificaron os controis de alcoholemia e drogas, establecéndose filtros de seguridade viaria en vías do centro urbano, co seguinte balance:

DELITOS CONTRA A SEGURIDADE VIARIA

Na rúa San Roque dáse o alto a un vehículo, comprobándose que o seu condutor carece de permiso de condución, polo que se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.

Na rúa Lamas de Prado intercéptase un vehículo que ao proceder á identificación do condutor compróbase, a través das bases de datos policiais, que carece de permiso de condución por perda dos puntos asignados, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.

ALCOHOLEMIAS

Interceptáronse 11 condutores que ao ser sometidos ás probas de detección alcohólica, lanzaron as seguintes taxas positivas.

De 0,25 a 0,50:

                        1.- 0,32 mg/l

                        2.- 0,35 mg/l

                        3.- 0,36 mg/l

                        4.- 0,43 mg/l

                        5.- 0,46 mg/l

                        6.- 0,48 mg/l

                        7.- 0,49 mg/l

                        8.- 0,50 mg/l

Todos estes condutores foron sancionados con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución

De 0,51 a 0,65:

                        9.- 0,64 mg/l

                        10.- 0,63 mg/l

                        11.- 0,53 mg/l

Estes condutores foron sancionados con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución.

DROGAS

Detectado un condutor na rúa Lamas de Prado que presentaba signos de presenza de drogas no organismo, sendo sometido a un test, lanzando un resultado POSITIVO en cocaina,  benzodiacipina e THC, abríndose expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución, inmobilizando o vehículo.

Home durmindo no rellano das escaleiras dun edificio

Na madrugada do día 11 unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo acode a un inmoble da rúa Trapero Pardo, xa que os veciños denuncian que hai un home durmindo no rellano, impedindo a saída dun veciño da súa vivenda. Os axentes localizan a esta persoa, no rellano da cuarta planta,  profundamente durmido, sendo identificado e comprobando que sobre el pesa unha dilixencia de investigación de paradoiro, ditada por un Xulgado desta cidade, instruíndose o correspondente parte de intervención para a súa remisión á Autoridade Xudicial.

 

Noticias relacionadas