COMUNICADO DE PRENSA DA POLICÍA LOCAL DE LUGO

Martes, 05 de setembro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Detención por presunto delito de violencia de xénero e subtracción de vehículo

Á 1’45 horas do martes, cando varios indicativos do Grupo Operativo Nocturno e a Unidade de Atestados realizaban un filtro de seguridade viaria na rúa Camiño Real, os axentes observaron que se aproximaba un automóbil cuxa placa de matrícula fora facilitada ao comezar a quenda, xa que se atopaba subtraído e o seu posible condutor buscado para a súa detención por un presunto delito de violencia de xénero.

Despois de adoptar as precaucións necesarias, os axentes proceden a dar o alto ao vehículo e, tras comprobar que a filiación do condutor coincidía coa persoa buscada, levan a cabo a súa detención e traslado a dependencias policiais, para a formalización das dilixencias oportunas.

O vehículo foi trasladado ao depósito municipal, á espera de ser recuperado polo seu lexítimo propietario.

Auxilio a menor en vía pública

Ás 1’20 horas do mesmo día, a Sala do 092 recibe información sobre unha rapaza semiinconsciente en cálea Reverendo Xosé Fdez. Núñez. Comparece de inmediato no lugar un indicativo do Grupo Operativo Nocturno, comprobando que se trata dunha menor, de 14 anos, presuntamente en estado de intoxicación etílica.

A moza foi atendida por unha ambulancia do 061, que procedeu á súa evacuación ao HULA, acompañada da súa nai, que se presentou no lugar aos poucos minutos tras ser avisada polos acompañantes da menor.

Incendio en camión

Ás 6’00 horas do luns, a Sala do 092 recibe información do 112 sobre un camión ardendo na N-VI, no KM 502. Comparece de inmediato no lugar un indicativo de Policía de Barrio, que comproba a veracidade da información e colabora cunha patrulla da Garda Civil na regulación do tráfico, xa que o camión ocupaba un dos carrís de circulación, ata que se presentou o persoal de conservación de estradas para a limpeza da zona.

Solicitude de follas de reclamacións

Ás 18’15 horas do luns, un indicativo da Unidade Territorial de Policía de Barrio é comisionada nun establecemento da rúa San Pedro, xa que un cliente requiría a intervención policial porque lle negaban as follas de reclamacións. Os axentes contactan co requirente, que manifesta que lle faltaron ao respecto e non lle facilitaban as follas de reclamacións, polo que contactan co encargado do establecemento, que lles informa de que o requirente negábase a esperar a súa quenda para ser atendido e por iso non lle facilitaban as follas de reclamacións.

Os policías constataron que o establecemento tiña as citadas follas ao dispor dos clientes e identificaron a algunha testemuña presente, que corroborou a versión do encargado do local.

Filtros de seguridade viaria

Durante os filtros de seguridade viaria levados a cabo pola Unidade Territorial de Policía de Barrio, o Grupo Operativo Nocturno e a Unidade de Atestados, durante o luns, puidéronse detectar e denunciar as seguintes infraccións:

8 vehículos que non foran sometidos á ITV no prazo regulamentario.

1 vehículo que non tiña concertado o seguro obrigatorio.

1 condutor que fai caso omiso á sinalización de “ceda o paso” que lle afecta.

1 condutor que non fai uso do cinto de seguridade regulamentario.

1 condutor que traslada a un menor que non fai uso do sistema de retención infantil.

17 vehículos que circulan a máis velocidade que a máxima establecida.

1 condutor que lanzou resultado positivo nas probas de alcoholemia ás que foi sometido (0.60 e 0.59 mg/L).

1 condutor que lanzou resultado positivo nas probas de drogas ás que foi sometido (anfetamina).

Noticias relacionadas