
Filtros de seguridade viaria
Efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, estableceron diferentes controis de seguridade viaria coa utilización de vehículos policiais rotulados e camuflados, co seguinte balance:
- Sorpréndese na rúa Montevideo ao condutor dun vehículo que ao ser identificado compróbase que CARECE de permiso de condución por perda total dos puntos asignados, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, retirando o vehículo para o depósito municipal.
- Na rúa Ramiro Rueda sorpréndese a unha condutora que circulaba co seu vehículo CARECENDO DE PERMISO DE CONDUCIÓN por non obtelo NUNCA, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.
- Na rúa Ramón Montenegro dáse o alto a un vehículo cuxo condutor presenta signos de acharse baixo os efectos das drogas, sendo sometido ás probas regulamentarias mediante drogotest, arroxando un resultado POSITIVO en THC, abríndose expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución.
Un equipo especializado en seguridade viaria do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, de servizo en vehículo policial camuflado, detectou TRES condutores que conducían os seus vehículos en estado de embriaguez, sendo sometidos ás probas de alcoholemia, arroxando os seguintes resultados:
- Rúa Lamas de Prado: POSITIVO 0,56 mg/l.
- Rúa Portugal: POSITIVO 0,39 mg/l.
- Rúa Rei Don García: POSITIVO 0,32 mg/l.
Todos estes condutores foron sancionados con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución, procedendo á inmovilización dos vehículos.
Axuda humanitaria
Sobre as 3:00 horas do día 9 de xuño unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo observa na rúa Breogán unha rapaza tirada na beirarrúa, en evidente estado de embriaguez, sendo auxiliada polos axentes que a protexen cunha manta térmica, colocándoa en posición de seguridade, requirindo a presenza dunha ambulancia na que é trasladada ao HULA para a súa atención médica.