Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Martes, 31 de agosto de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Alcoholemia positiva

Ás 3’30 horas, os axentes da Unidade de Atestados someten ás regulamentarias probas de detección do grao de impregnación alcohólicas a un condutor que transita pola Praza de Bretaña, lanzando resultados de 0.28 e 0.23 miligramos de alcol por litro de aire expirado, polo cal, tratándose dun condutor cunha antigüidade no seu permiso inferior aos dous anos, que ten como límite para poder conducir, 0.15 mg/L, foi denunciado administrativamente. O vehículo foi inmobilizado no lugar.

Can sen documentar

Ás 16’10 horas do luns, os axentes da Unidade Territorial de Policía de Barrio, no marco de investigacións realizadas para confirmar se podería existir un caso de malos tratos animais, procederon a denunciar a unha muller en calidade de propietaria dun can, cruzamento de razas, no barrio de Galegos, xa que o animal atópase sen identificar a través do correspondente  microchip, sen pasaporte sanitario e sen ser inscrito no Rexistro de Animais de Compañía de Galicia; todo o cal constitúe infracción á Lei 4/17, de Protección e Benestar de Animais de Compañía de Galicia.

Disolución de festa en espazo público

Ás 20’15 horas do luns, a Sala do 092 recibe aviso sobre a existencia dunha festa no Parque de Albeiros. Se comisionan no lugar dous indicativos de Policía de Barrio, comprobando os axentes que se trata dunha celebración duns aniversarios, para a cal se instalou unha carpa portátil, procedendo á identificación do organizador da mesma, ao cal advirten de que non teñen autorización para a devandita celebración, requiríndolle para que retiren a carpa e procedan á limpeza da zona, o cal realizan de inmediato.

Cliente molestando en establecemento de hostalería

Ás 00’19 horas, os axentes de Policía de Barrio trasládanse a un establecemento de hostalería sito na rúa Luís Seoane xa que, segundo a súa camareira, no interior atópase un cliente en estado ebrio molestando ao resto de clientela. Os policías contactan co home en cuestión e convídanlle a abandonar o local, ao cal accede de bo grado e auséntase ao seu domicilio, situado nas proximidades.

Queixas por ruídos

Ás 1’20 horas, os axentes de Policía de Barrio trasládanse a un domicilio de cálea Escultor Asorey, desde onde se recibiu unha queixa polas molestias de ruídos procedentes dun piso adxacente. Unha vez no lugar, os axentes comproban que se trata de varias persoas falando nun ton de voz elevado, polo que as advirten das molestias que están a causar, polo que cesan de inmediato.

 

Noticias relacionadas