COMUNICADO DE PRENSA DA POLICÍA LOCAL DE LUGO

Mércores, 07 de xuño de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
COMUNICADO DE PRENSA DA POLICÍA LOCAL DE LUGO

Delito de condución temeraria

Na madrugada do día 7 de xuño, por efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, estableceuse un dispositivo de control na avenida República Arxentina, observando os axentes que dous vehículos se aproximaban ao control a gran velocidade, un detrás doutro sen gardar a mínima distancia de seguridade. No momento en que detectan o control, ambos os condutores accionan o sistema de freado dos seus vehículos, deixando unha pegada de freada de 60 metros, estando a piques de chocar contra os vehículos policiais, obrigando aos axentes a protexerse para evitar ser alcanzados, deténdose ambos os vehículos antes do control, poñendo en grave risco tanto aos axentes como aos pasaxeiros de ambos vehículos.

Os policías proceden á identificación de ambos os condutores, observando que presentan signos de embriaguez e consumo de drogas, practicando probas de alcoholemia e drogas, resultando que o condutor dun dos vehículos lanza un resultado POSITIVO de 0,36 mg/le a condutora do segundo vehículo resultado POSITIVO en COCAÍNA, instruíndose dilixencias por senllos delitos de CONDUCIÓN TEMERARIA, poñendo en concreto perigo a integridade das persoas, na modalidade de Xuízo Rápido. (Adxúntase imaxe)

Así mesmo, compróbase que un dos vehículos non fora presentado á ITV no prazo debido e que o outro tiña en mal estado os pneumáticos, polo que tamén foron denunciados por infraccións á normativa de seguridade viaria, procedendo á inmobilización dos vehículos. Estes dous condutores enfróntanse a unha pena de prisión de seis meses a dous anos e privación do dereito para conducir vehículos de motor e ciclomotores por tempo superior a un e ata seis anos.

Igualmente, no transcurso deste control sorprendeuse a outro condutor que presentaba signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,40 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución.

 

Noticias relacionadas