COMUNICADO DE PRENSA DA POLICÍA LOCAL DE LUGO

Xoves, 12 de xaneiro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
COMUNICADO DE PRENSA DA POLICÍA LOCAL DE LUGO

Intervención vehículo estranxeiro

Na tarde de onte, día 11 de xaneiro, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo detecta un vehículo na Rolda das Fontiñas con placa de matrícula de exportación alemá, caducada desde decembro de 2022, sendo inmobilizado e retirado para o Depósito Municipal por carecer de autorización administrativa para circular. (Adxúntase imaxe)

Ruídos en interior de domicilio

Sobre as 13:45 horas do día 11 unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que acuda a un edificio da rúa Dona Urraca xa que os veciños quéixanse dos ruídos que proveñen dunha vivenda. Os axentes escoitan música en ton moi alto que impiden levar con normalidade a vida cotiá dos veciños, manifestando que estes feitos producíronse noutras ocasións, procedendo á identificación da responsable a cal manifesta que non é consciente das molestias que produce, sendo requirida para que cesen, o que fai de inmediato, levantando acta de intervención por presunta infracción á Ordenanza de Protección Ambiental.

Auxilio á cidadanía

Sobre as 2:35 horas do día 12 de xaneiro unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo observa na rúa Rof Codina a unha persoa de avanzada idade deambulando e con signos de estar desorientada. Os axentes proceden ao seu auxilio, manifestando que non sabe onde está o seu domicilio e que está a esperar a que abra un centro de día situado na devandita rúa, polo que debido ás baixas temperaturas que había na cidade a esas horas, abrígaselle e trasládaselle a esta Xefatura, onde se localiza a un familiar que se fai cargo desta persoa de 78 anos de idade.

 

Multimedia

  • COMUNICADO DE PRENSA DA POLICÍA LOCAL DE LUGO

Noticias relacionadas