Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Martes, 26 de xaneiro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Detención por desobediencia, resistencia e intento de agresión a axentes da autoridade

Sobre as 10:45 horas do día 25 de xaneiro, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio é comisionada pola Sala do 092 para que se traslade ao Centro de Servizos Administrativos do Concello de Lugo (antigo Seminario Menor) xa que ao parecer unha muller agredira a un funcionario municipal e ao vixiante de seguridade. Que os axentes atopan a unha muller de 45 anos de idade moi alterada, indicándolles o vixiante de seguridade do edificio que momentos antes acudira ás oficinas municipais, sen cita previa e con berros dirixiuse aos funcionarios, tratando o vixiante de tranquilizala, momento no que a muller o agarra pola cazadora á altura do peito, caéndose ambos ao chan e ao levantarse a muller propínalle unha labazada.

Que os policías solicitan a identificación da muller, negándose rotundamente e polo estado de nerviosismo en que se atopaba ofréceselle a posibilidade de ser asistida polos servizos médicos ao que tamén se nega. Que ao continuar negándose a identificarse infórmaselle que vai ser conducida a dependencias policiais, momento no que empuxa a un dos policías, tentando agredilo, propinándolle patadas sen que chegase a ser alcanzado. Por tales motivos procédese á detención da muller polos delitos de desobediencia, resistencia e intento de agresión aos axentes policiais, sendo trasladada a dependencias policiais onde se instrúen as dilixencias oportunas para o Xulgado de Garda.

Noticias relacionadas