
Rescate de ave silvestre
Efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo procederon, sobre as 8:30 horas do día 23 de maio, ao rescate dunha cría de BUFO que se achaba na rúa Fonte da Bica e era incapaz de voar. Para evitar que fose atropelado por un vehículo, foi trasladado ao Centro de Recuperación de Fauna Silvestre en O Veral.
Auxilio a cidadáns
Sobre as 14:00 horas do día 23 de maio unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio acode a unha vivenda da rúa Ourense para colaborar cunha dotación do 061 no traslado dun home de 70 anos que caera no seu domicilio e fracturárase a cadeira, inmobilizándoo e baixándoo polas escaleiras ata a ambulancia para o seu posterior traslado ao HULA.
Ruídos molestos en interior de vivenda
Ás 23:50 horas do día 22 de maio unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo acode a un edificio da Rolda da Muralla xa que segundo denuncia un veciño, nunha vivenda estaba a producirse unha festa que orixinaba moito ruído e impedíalle descansar. Os axentes acoden ao domicilio apreciando que o ton de música era moi alto polo que se realiza medición sonométrica arroxando un resultado POSITIVO, comprobando que se trataba dunha festa de sete persoas, polo que se levanta a correspondente acta de infracción á Ordenanza de Protección Ambiental.
Intervención da Unidade de Atestados en accidentes de circulación ocorridos no centro urbano durante a fin de semana do 22 ao 24 de maio
Día 22
- 11:00 horas. Accidente de circulación na rúa Factoría confluencia con rúa dos Carros. Dous vehículos implicados. O condutor dun dos vehículos trasladado nunha ambulancia do 061 a un centro sanitario
Día 23
- 19:30 horas. Accidente de circulación na rúa Monte Adairo. A condutora dunha motocicleta tras perder o control da mesma impacta contra o bordo e posteriormente contra a esquina dun inmoble. É trasladada ao Hula en estado moi grave, falecendo ás poucas horas
- 23:30 horas. Accidente de circulación na rúa Dolmen. Choque dun turismo contra poste de formigón. Dous feridos leves
Día 24
- 0:40 horas. Envorco dun turismo en Rolda Fontiñas, por mor de embriaguez da condutora, que choca contra dous turismos estacionados. A condutora foi sometida ás probas de detección alcohólica arroxando un resultado POSITIVO de 0,61. Instrúense dilixencias por delito contra a seguridade viaria
- 23:30 horas. Accidente de circulación na Praza Fonte dos Ranchos. Tres vehículos implicados. Danos materiais
Día 25
- 1:40 horas. Accidente de circulación na rúa Perpetuo Socorro confluencia con Río Avia. Dous vehículos implicados. Danos materiais