Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Martes, 24 de novembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Control medidas COVID-19

No día de onte 23 de novembro de 2020, efectivos da Policía Local de Lugo estableceron diferentes  filtros de seguridade para o control do cumprimento das normas da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, sobre medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, levantándose 5 actas de denuncia por infracción á Lei de Saúde de Galicia a outras tantas persoas que transitaban pola vía pública sen facer uso da máscara de protección.

Así mesmo sorprendeuse a 9 persoas que incumprían a prohibición de entrada e saída do termo municipal de Lugo, sen acharse incluídas en ningunha das causa de excepción que establece o Real Decreto 926/2020. Todas estas persoas foron denunciadas por infracción á Lei Orgánica de Protección da Seguridade Cidadá, levando aparelladas multas de 601 a 30.000 euros.

Tamén se denunciou a 5 persoas que incumprían as condicións dispostas para a permanencia de grupos de persoas en espazos públicos (os grupos de persoas no municipio de Lugo queda limitado aos constituídos por persoas convivintes). A todas estas persoas propúxose para sanción por infracción á Lei Orgánica de Protección da Seguridade Cidadá, con multas de 601 a 30.000 euros.

Por outra banda, o pasado 19 de novembro/20, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio levantou acta por infracción á Lei de Saúde de Galicia nun local de hostalería da  rúa Fermín Rivera, ao detectar varias persoas no seu interior a pesar de que o establecemento se achaba coa porta pechada.

O responsable ao ser preguntado por esta circunstancia, manifesta que son uns amigos e cando se lle indica que se vai acceder ao interior para realizar unha inspección, os que estaban reunidos ausentáronse por unha porta interior, observando os axentes sobre a mesa, na que estaban estas persoas, as bebidas que estaban a consumir, sendo denunciado tamén por non levar posta a máscara de protección.

Campaña vixilancia e control de pneumáticos

Por Efectivos da Policía Local de Lugo, no marco da Campaña Especial de vixilancia e control de pneumáticos activada pola DXT, que levou a cabo entre o 17 e o 19 de novembro/20, establecéronse filtros de seguridade viaria no centro urbano, coa utilización de vehículos policiais  rotulados e camuflados, controlando 251 vehículos e formulándose OITO denuncias a outros tantos vehículos ao detectar infraccións como circular con pneumáticos que non presentan debuxo nas  ranuras principais da banda de  rodamiento ou que non reunían as condicións mínimas de utilización, levando aparelladas multas de 200 euros.

Vehículos abandonados

Desde o 7 de outubro ao 19 de novembro de 2020, continuando co operativo iniciado a primeiros de ano para a localización e denuncia de vehículos abandonados nas rúas da nosa cidade, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo levantaron 13 actas de infracción de vehículos abandonados nas vías públicas, detectando que algúns deles presentan danos que fan imposible o seu desprazamento polos seus propios medios e a maioría carecen de Seguro Obrigatorio de Automóbiles ( SOA) e teñen a Inspección Técnica caducada.

Os vehículos denunciados con signos de abandono achábanse estacionados nas seguintes rúas:

  • Praza de Bretaña (dúas)
  • Carril das Flores
  • Avenida A Coruña
  • Calzada da Ponte
  • Rafael de Vega
  • Rúa Portugal
  • Illa de Man
  • Avenida As Américas
  • Dtr. Balanza. (tres)
  • Avenida Benigno Rivera

Ditas actas son remitidas ao órgano competente da Administración Local para que se instrúa o oportuno expediente e ordénese a retirada do vehículo, previo  requirimento ao seu titular, advertíndolle que de non proceder á súa retirada no prazo establecido procederase ao seu traslado a un Centro Autorizado de Tratamento.

Noticias relacionadas