Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Martes, 23 de xuño de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Roubo de teléfono móvil

Sobre as 19,45 horas do día 21 de xuño/20, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo son comisionados pola central de comunicacións 092 para que acudan á Praza de Ou  Castiñeiro xa que se produciu o furto dun teléfono móbil.

Os axentes entrevístanse cun mozo de 15 anos que denuncia que momentos antes un grupo de mozos subtraéranlle o móbil, estando presente o seu pai. Así mesmo este indícalles que un amigo do seu fillo estaos seguindo en patinete e está en contacto telefónico con outro dos seus amigos.

Que o pai do mozo acompaña aos policías no vehículo patrulla localizándose ao grupo de mozos na praza  Mártires de Carral, momento no que se identifica ao autor do furto,  un mozo veciño de Lugo, nacido no ano 2001, procedéndose ao seu cacheo e achándose no seu poder o teléfono móbil subtraído, instruíndose dilixencias por un delito de furto para a súa remisión ao Xulgado de Garda.

Detención por delito de resistencia e desobediencia a axentes da autoridade

Sobre as 23,40 horas do día 22 de xuño/20, unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, que prestaba servizo de vixilancia na zona de Praza Maior, é requirida por un menor que lles informa que un mozo, ao que non coñecía de nada, achegouse a el e díxolle que lle deixase dar unha volta na súa bicicleta. Que así mesmo levaba máis de media  hora esperando por el e non lla devolveu, crendo que a subtraía.

Que os axentes realizan unha batida pola zona e cando regresan ao lugar inicial observan ao mozo coa bicicleta, presuntamente subtraída, sendo requirido para que se identificase, negándose reiteradamente, proferindo insultos e ameazas graves cara aos policías intervenientes, tentando agredilos, polo que é detido por un delito de resistencia e desobediencia grave a axentes da autoridade, debidamente  uniformados e no exercicio das súas funcións.

Filtros de seguridade Viaria

Durante a noite do luns 22 ao martes 23 de xuño/20, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo estableceron diferentes  filtros de seguridade viaria en varias rúas da cidade, realizándose operativos mixtos de alcoholemia e control velocidade.

 Como resultado ás 1,00 horas sorprendeuse na rúa Río  Lor a un condutor que arroxou un resultado POSITIVO, nas probas de detección alcohólica ás que foi sometido, de 0,48 mg/ l, o que supón a apertura dun expediente sancionador de 500 euros de multa e a retirada de 4 puntos do permiso de condución.

Ás 2,25 horas sorpréndese a outro condutor que arroxa un resultado POSITIVO de 0,62 mg/ l, o que supón unha multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de conducir.

En canto aos dispositivos de velocidade controláronse 189 vehículos, denunciando a 10 condutores por pasar a velocidade establecida para as vías onde se realizaron (50 km/ h).

Delito contra a seguridade viaria

Sobre as 4,00 horas da madrugada do día 23 de xuño/20, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, sorprenderon a un condutor circulando pola rúa Río Eo, presentando signos de acharse baixo os efectos do alcol, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, arroxando un resultado POSITIVO DE 0,66 mg/ l, polo que se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

Noticias relacionadas