Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Infraccións denunciadas á Lei Orgánica de Protección da Seguridade Cidadá

Sábado, 21 de marzo de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

No día de onte, venres, 20 de marzo, por parte de efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio establecéronse diferentes dispositivos fixos e móbiles nas vías públicas da cidade para a comprobación e no seu caso impedir que se leven a cabo actividades suspendidas e velar polo cumprimento das limitacións sobre circulación de persoas e vehículos, impostas polo Real Decreto polo que se declara o Estado de Alarma en todo o país, para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.

No transcurso destes dispositivos levantáronse SETE actas de infracción á Lei Orgánica de Protección da Seguridade Cidadá, que poden levar aparellada unha sanción, para cada un dos denunciados, de entre 601 a 30.000 euros.

Noticias relacionadas