Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Venres, 20 de marzo de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Infraccións denunciadas á Lei Orgánica de Protección da Seguridade Cidadá

No día de onte, xoves, 19 de marzo, por parte de efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio establecéronse diferentes dispositivos fixos e móbiles nas vías públicas da cidade para a comprobación e no seu caso impedir que se leven a cabo actividades suspendidas e velar polo cumprimento das limitacións sobre circulación de persoas e vehículos, impostas polo Real Decreto polo que se declara o Estado de Alarma en todo o país, para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.

No transcurso destes dispositivos levantáronse SETE actas de infracción á Lei Orgánica de Protección da Seguridade Cidadá, que poden levar aparellada unha sanción, para cada un dos denunciados, de entre 601 a 30.000 euros.

Noticias relacionadas