Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Mércores, 18 de novembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Control normas COVID-19

Sobre as 14,50 horas do día 17 de novembro de 2020 unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio detecta que un local de hostalería situado na  rúa Concello achábase aberto.

Realizada a correspondente inspección os axentes observan como unha camareira servía tapas e bebidas a dous clientes sobre unha barrica, que facía función de mesa, situada no tramo interior de acceso ao bar. Así mesmo compróbase como a camareira non presenta contrato de traballo ou xustificante da relación laboral do pagador co traballador.

Por tal motivo os axentes levantan acta denuncia por infracción á Lei de Saúde de Galicia por ter o establecemento aberto e servir bebidas e tapas para consumo no seu interior, cando no municipio de Lugo os locais de hostalería e restauración teñen que permanecer pechados, podendo prestar, exclusivamente, servizos de entrega a domicilio ou para a súa recollida no local e consumo a domicilio.

Así mesmo levántase acta denuncia para a súa remisión á Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social por presunta infracción á normativa na orde social.

Dispositivo policial. Control da actividade ilegal de aparcacoches. “Gorrillas”

A principios desta semana estableceuse un dispositivo policial para o control da actividade ilegal de aparcacoches, na contorna do HULA, coñecidos popularmente como “gorrillas”, no que participaron efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio, empregando vehículos policiais rotulados e camuflados, levantando ONCE actas denuncia por infracción á normativa de circulación, pois foron sorprendidos realizando tal actividade na calzada, ocasionando molestias aos usuarios da vía e ademais poñendo en perigo a súa propia integridade física.

Noticias relacionadas