
Molestias por ruídos en interior de vivendas
A noite do 16 ao 17 de abril/20, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Unidade de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo tiveron que intervir en dous domicilios por molestias xeradas á veciñanza por ruídos molestos, levantándose en ambos os casos actas por infracción á Ordenanza de Protección Ambiental.
A primeira intervención produciuse sobre as 23,10 horas nunha vivenda da rúa Otero Pedrayo xa que un veciño queixábase que non podía conciliar o soño debido ao ruído que proviña doutro piso.
Os axentes ao chegar ao lugar comprobaron que desde a rúa xa se escoitaba música con moito volume e ton excesivamente alto de voz humana polo que se procede a identificar ao presunto causante destes ruídos, requiríndolle para que cesen de inmediato ao que accede, levantando os axentes acta de infracción.
A segunda intervención realízase sobre as 1,10 horas nunha vivenda da rúa Frai Plácido onde, do mesmo xeito que na intervención anterior, os veciños do edificio non podían conciliar o soño debido ao ruído que proviña dun piso.
Os axentes comproban que os ruídos son ocasionados polo volume excesivamente alto dun aparello reprodutor de música que se escoita perfectamente desde a rúa e en todo o edificio, polo que identifican a causante desta conduta incívica, requiríndolle para que cesen as molestias, ao que accede ao momento, levantando acta de infracción
Estado de Alarma
Infraccións á Lei de Protección da Seguridade Cidadá
Durante o mércores 15 e o xoves 16 de abril/20, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio e da Unidade de Atestados, realizaron diferentes controis tanto estáticos como itinerantes para, no marco do establecido no Real Decreto que declara o Estado de Alarma, comprobar e no seu caso impedir que leven a cabo os servizos e actividades suspendidas, así como velar polo cumprimento das limitacións sobre a circulación de persoas e vehículos, levantando 12 actas de infracción á Lei de Protección da Seguridade Ciudada.