Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Martes, 14 de setembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Presunto maltrato animal

Sobre as 16.00h do 13 de setembro,unha patrulla da Unidade Territorial da Policía de Barrio de Lugo detecta, no maleteiro dun vehículo estacionado na calle Luís Seoane, dous sacos de fibra que conteñen cada un de eles un leitón duns dous meses, estando o saco atado por un cordón con diversos buratos para que os animais puidesen respirar, pero atopábanse bastante estresados.

Nese momento se persoa o propietario do vehículo e dos animais, que é identificado, e manifesta que está esperando a un amigo para que lle leve os animais a unha finca da localidade de Outeiro de Rei, sendo liberados os mesmos e levantando acta por infracción á lei de Benestar Animal. 

Ruídos en interior de vivenda

Sobre as 16.15 h do día 13 de setembro, unha patrulla da Unidade Territorial da Policía de Barrio é comisionada pola Sala do 092 para que se trasladen a un edificio da rúa Couselo xa que os veciños quéixanse dos ruídos que proveñen dunha vivenda.

Os axentes comproban que no interior do piso hai un grupo de música ensaiando polo que se procede á identificación do responsable, requirindo para que cese a actividade, facéndoo ao instante.

Noticias relacionadas