Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Servizos destacados durante a fin de semana do 11 ao 13 de setembro/20

Luns, 14 de setembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Incumprimentos medidas prevención COVID-19

Efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo detectaron na tarde o sábado 12 a un grupo de mozos realizando “botellón” na zona do Carmen, levantándose SEIS actas-denuncia por infracción á normativa da Xunta sobre medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo  COVI-19, polo consumo de bebidas alcohólicas nunha zona pública, sen facer uso ademais da máscara de protección obrigatoria e sen manter a distancia de seguridade interpersoal e non acharse en ningunha das causas de exención contempladas na Real Decreto-Lei 21/2020.

Así mesmo na mesma tarde se levantaron CATRO actas máis ao sorprender a un grupo de mozos na Praza Maior sen facer uso da máscara e sen manter a distancia de seguridade interpersoal.

Sobre as 1,35 horas do día 13 de setembro/20, sorpréndese a tres persoas no interior dun vehículo que non utilizan máscara de protección, non sendo conviventes e unha delas estaba a fumar sen manter a distancia de seguridade preceptiva, levantándose TRES actas-denuncia por infracción á normativa da Consellería de Sanidade sobre medidas de prevención como consecuencia da situación derivada do COVID-19.

Intervención policial por unha festa en interior de domicilio

Unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo é comisionada, sobre as 4,00 horas da madrugada do día 12 de setembro/20, pola Central de Comunicacións do 092, para que se traslade a un edificio da rúa Río Chamoso xa que os veciños queixábanse do ruído que proviña dunha das vivendas.

Os axentes comproban a veracidade das chamadas, escoitándose ruído en ton excesivamente alto, polo que se poñen ao fala coa que di ser a responsable, requiríndolle para que cesen as molestias, negándose a iso e xuntándose detrás desta muller un grupo de tres parellas de mozos que asistían á festa os cales a alentaban.

Que logran a identificación do que di ser a parella da muller, momento no que aproveita esta para baixar as escaleiras e golpear violentamente a porta do domicilio dun dos veciños (o que cría que era o que a denunciaba), proferindo insultos contra os seus moradores.

Que un dos axentes tenta identificala, pero é axudada polos mozos que se achaban no interior do domicilio que empuxaban en multitude aos axentes, caéndose un dos policías polas escaleiras ata impactar contra a parede, logrando levar á muller e introducila no seu domicilio, sendo posteriormente identificada como  S. M. G. H, de 45 anos de idade,  así como os mozos que participaron no  tumulto, instruíndose dilixencias para o Xulgado de Garda por estes feitos.

Así mesmo cursouse denuncia por infracción á Ordenanza de Protección Ambiental e por non facer uso da máscara de protección obrigatoria.

Seguridade viaria

Durante a fin de semana establecéronse varios  filtros de seguridade viaria, detectando unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, na tarde do venres día 11, CATRO vehículos de alta gama con matrícula temporal holandesa na  rúa  Outono, traídos a España desde Bélxica.

O que chamou a atención aos axentes foi que ditas placas solicítanse para realizar calquera xestión administrativa co vehículo, por exemplo para pasar a ITV cando está dado de baixa temporal, sendo válidas durante un só día e a súa utilización circunscríbese exclusivamente ao territorio holandés, non podendo en ningún caso, o vehículo que as porte, circular por ningún outro país.

A combinación alfanumérica da matrícula obtense gratuitamente a través de Internet e mesmo se pode imprimir un permiso de circulación temporal desde calquera impresora, carecendo de calquera medida de seguridade, podendo ser acuñadas en calquera taller sen ningún tipo de autorización especial, sen que presenten ademais código de homologación, sendo utilizadas nalgúns casos para, a través de Holanda, trasladar a outros países vehículos roubados e, posteriormente matriculalos nos países de destino.

Os titulares non presentan documentación algunha correspondente ás placas que portan os vehículos, carecendo ademais de Seguro Obrigatorio de Automóbiles (SOA), motivo polo cal foron denunciados pola carencia de permiso de circulación e  SOA e retirados polo guindastre municipal ao depósito onde quedan inmobilizados ata que se regularice a súa situación en España.

Estes vehículos só poderán ser retirados por aqueles que acrediten ser os seus propietarios e previa matriculación en España, sen prexuízo das investigacións que levarán a cabo para confirmar que a procedencia destes vehículos sexa lícita, a través mesmo, se fose necesario, de INTERPOL.

Así mesmo ás 0,15 horas do día 12 de setembro/20, unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, sorprende a un condutor na rúa  Montirón, que ao ser sometido ás probas de detección alcohólica arroxou un resultado POSITIVO de 0,63 mg/ l, polo que se abre expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución.

Ás 2,40 horas do mesmo día prodúcese un accidente na rúa Tui, comprobando que se trata dun choque dun turismo contra dous estacionados, presentando os condutor signos de acharse baixo os efectos de bebidas alcohólicas polo que é sometido ás probas regulamentarias, arroxando un resultado POSITIVO de 0,93 mg/ l (case catro veces máis do permitido), instruíndose dilixencias pola Unidade de Atestados da Policía Local de Lugo por delito contra a seguridade viaria.

Ás 1,45 horas do día 13 de setembro/20, unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo detecta un condutor na Avenida da Coruña que presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica arroxando un resultado POSITIVO de 0,90 mg/ l, comprobando ademais que presenta unha perda de vixencia do permiso de condución por perda total dos puntos asignados, polo que se instrúen dilixencias por ambos os delitos contra a seguridade viaria.

No transcurso do rexistro ao que foi sometido o condutor achouse no seu poder un anaco de hachis de 0,5 gramos, sendo intervido e levantando acta por infracción á Lei Orgánica de Protección da Seguridade Cidadá para a súa remisión á Subdelegación do Goberno.

Este condutor polo delito de conducir cunha taxa de alcol en aire expirado superior a 0,60 mg/ l, pode ser castigado coa pena de prisión de tres a seis meses ou coa de multa de seis a doce meses ou coa de traballos en beneficio da comunidade de trinta e un a noventa días, e, en calquera caso coa de privación do dereito para conducir vehículos de motor e ciclomotores por tempo superior a un e ata catro anos.

Polo delito  de conducir coa perda de vixencia do permiso por perda total dos puntos asignados, pode ser castigado coa pena de prisión de tres a seis meses ou coa de multa de doce a vinte e catro meses ou coa de traballos en beneficio da comunidade de trinta e un a noventa días.

Pola infracción de tenencia ilícita de drogas, pode levar aparellada unha multa de 601 ata 30.000 euros.

Noticias relacionadas