Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Xoves, 14 de xaneiro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Detención por delito contra a seguridade viaria e delito de resistencia e desobediencia grave a axentes da autoridade

Sobre as 22,45 horas do día 12 de xaneiro/21 unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que acuda á Cálea Marqués de  Ombreiro xa que ao parecer un vehículo causara danos nuns bolardos.

Os axentes observan un vehículo detido cuxo condutor ao decatarse da presenza policial emprende a marcha pola devandita avenida, sentido saída da cidade, dándolle o “alto” un dos axentes, sendo excedido polo vehículo que viña de fronte, invadindo o carril contrario e pasando na súa fuxida moi preto do axente que tentaba detelo.

Que por tal motivo iníciase unha persecución, observando que o vehículo se introduce nun dos garaxes da Avenida de Marqués de Ombreiro, onde os axentes interceptan ao condutor e no momento de solicitarlle a identificación, aquel responde con empuxóns cara aos policías con intención de quitalos do medio e acceder á porta do ascensor para subir ao seu domicilio, sendo interceptado de novo, momento no que o condutor empuxa a un dos policías golpeándoo contra a parede, procedendo de inmediato á súa detención ofrecendo grave resistencia.

Así mesmo o condutor presentaba signos de embriaguez polo que foi sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,86 mg/ l, instruíndose dilixencias por un delito contra a seguridade viaria e polos delitos de desobediencia e resistencia grave aos axentes da autoridade no exercicio das súas funcións.

Filtros de seguridade viaria

Durante a madrugada do mércores 13 ao xoves 14 de xaneiro/21, por efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo establecéronse diferentes controis no centro urbano, coa utilización de vehículos policiais rotulados e camuflados, detectando un turismo,  ás 23,40 horas do día 13, que circulaba pola rúa Illas Canarias de forma irregular, sometendo ao condutor ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,42 mg/ l, polo que se abre expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución.

Sobre as 3,45 horas do día 14 detéctase en cálea San Eufrasio outro vehículo que circula  zigzagueando, estando a piques de chocar contra os vehículos estacionados, comprobando que o condutor presenta signos de embriaguez polo que é sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,94 mg/l, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

Ambos os condutores ademais foron propostos para sanción por incumprimento do “toque de queda”, con multa de 601 a 30.000 euros.

Control normas  COVID

Durante a madrugada do xoves 14 de xaneiro/20, establecéronse diferentes dispositivos para o control do cumprimento das normas da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionade polo  COVID, levantándose SETE actas de denuncia por infracción á Lei de Protección da Seguridade Cidadá, por non respectar o “toque de queda”, transitando entre as 23,00 e as 6,00 horas sen causa que o xustifique, o que conleva multas de 601 a 30.000 euros.

As persoas denunciadas foron sorprendidas circulando por rúas como a Avenida da Coruña, Santo Graal, Mar Cantábrico ou Illas  Cies e a altas horas da madrugada, pois unha destas persoas foi sorprendida transitando ás 3,25 horas da madrugada.

Noticias relacionadas